Coral Aires de Carral (A Coruña)
Para atopar as orixes da Coral Polifónica Aires de Carral temos que remontarnos ata o ano 1981. Este foi o ano da súa fundación e dende entón as súas actuacións foron moitas e moi variadas, non limitándose á xeografía galega, senón percorrendo outros lugares de España tamén.
Actuou, por exemplo, no Certame de Habaneras de Torrevieja, no Certame Coral “Villa de Avilés” ou no Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera (Cantabria).
Aquí en Galicia, destaca por exemplo a súa presenza na Mostra de Música Coral Galega de As Pontes, no Certame de Habaneras de A Coruña, no certame de música celta de Vigo ou no Festival de Panxoliñas tamén de Vigo.
Ofreceu concertos, ó longo destes anos, nos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Culleredo, Laxe, Melide, Negreira, Oleiros, Ordes, onde se foi labrando o seu nome e a súa reputación.
Ademais, gravou en varias ocasións para a Radio Galega e para a Televisión de Galicia, e chegou a gravar tamén o seu propio disco, baixo o nome “Ecos de Carral”.
O seu repertorio está composto fundamentalmente por polifonía galega, relixiosa, habaneras, panxoliñas, temas clásicos e de música lixeira. E dende un ano despois da súa creación, traballa baixo a dirección de Juan Gordillo Campelo, despois dun breve período dun ano no que a súa directora foi Adela Sande Ínsua.
En canto aos integrantes, son en total 37. Doce sopranos, dez contraltos, oito tenores e sete baixos.
O recoñecemento máis importante que recibiron foi o de seren os terceiros clasificados no Certame da canción mariñeira de San Vicente de la Barquera. Recordo que gardan con especial cariño e emoción, sobre todo ó tratarse dun grupo de persoas que se integran nunha coral co obxectivo de disfrutar da súa paixón pola música, sen fins lucrativos.
Juan J. Gordillo Campelo (Director) Natural de Carral (A Coruña), Juan J. Gordillo Campelo é profesor de matemáticas de secundaria en el CPI O Cruce de Cerceda. Ademais é profesor de Solfeo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (plan 1966, Conservatorio Profesional de A Coruña – 1994). Cursou estudos de Harmonía, Contrapunto, Fuga (Premio en Fuga), Composición, Instrumentación e Orquestración no Conservatorio de A Coruña (1994). É director da Coral Polifónica Aires de Carral dende 1982 e pertence ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia (A Coruña) dende 2008. Participou cos nenos da súa escola no Concurso Cantareliña, onde foi finalista en tres edicións e arranxou e gravou cancións populares españolas no programa “Europe Ensemble” de aprendizaxe de linguas europeas. |