publicidade hoxe

Concellos de

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Baiona

Marcos Cordeiro e Simón Porzio proclámanse campións galegos da clase 420

Os regatistas Marcos Cordeiro e Simón Porzio , ambos de 17 anos, fixéronse esta tarde co título de campións galegos de 420, ao gañar no Trofeo Baitra organizado polo Monte Real Club de »

Turismo de Galicia colaborará con Baiona na creación dunha nova oficina de Turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde do concello de Baiona, Ángel Manuel Rodal, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a creación dunha nova oficina de »

Ethel Vázquez avanza un investimento de 340.000 euros na mellora do firme da travesía de Baiona

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que a Xunta licitará no vindeiro mes de abril as obras de reforzo de »

Xóvenes regatistas de toda Galicia disputaran en Baiona o Trofeo Baitra – Campionato Galego de 420

Xóvenes regatistas de toda Galicia disputarán a partir do sábado en Baiona o Campionato Galego da clase 420, organizado este ano polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Baitra »

Vitoria do Miudo de Francisca Barros no Trofeo Vitaldent do Monte Real

Emocionante segunda etapa do Trofeo Vitaldent organizado polo Monte Real Club de Iates. As condicións do vento, con picos de até 20 nós, e do mar, con ondas que superaron o tres metros, »

Caballero constata un acordo entre os alcaldes da Área Metropolitana

Á reunión celebrada este luns en Vigo acudiron 16 rexedoras e rexedores que manifestaron o seu acordo co sistema de goberno do ente con representación proporcional corrixida e voto »

O cadáver achado na auga en Baiona portaba un cinto cunha saqueta de rede como a dos percebeiros

O cadáver do varón achado na mañá deste mércores flotando fronte á enseada da localidade pontevedresa de Baiona atópase en avanzado estado de descomposición e cando foi localizado »

Ábrese o prazo de inscrición para participar na Baiona Angra AtlanticRace

O Monte Real Club de Iates e o Angra IateClube acaban de abrir o prazo de inscrición para participar na Baiona Angra AtlanticRace, a regata oceánica que partirá o próximo verán da vila »

A Xunta entrega 14 motocicletas a policías locais de Pontevedra, Lugo e Ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe de 14 motocicletas á Policía Local dos concellos pontevedreses da Estrada, Baiona, Cangas, Marín, Mos, Ponte Caldelas, »

A Garda Civil detén aos presuntos autores de varios roubos en establecementos comerciais no sur da provincia de Pontevedra

A Garda Civil detivo a tres xóvenes, veciños de Vigo, como integrantes dun grupo criminal, aos que se lles imputa a presunta comisión de máis dunha decena de roubos en establecementos »

A Xunta convoca aos alcaldes da área Metropolitana de Vigo o 19 de xaneiro e Caballero adiántase cunha reunión o 13

Vicepresidencia da Xunta de Galicia enviou cartas aos 14 concellos da área Metropolitana de Vigo para convocar aos alcaldes a unha reunión o próximo 19 de xaneiro, co fin de avanzar na »

Román Rodríguez mantén unha xuntanza de traballo co alcalde de Baiona

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal Almuíña, e con »

Identifican ao suposto autor de varios roubos con forza en interior de vivendas de Baiona

Como resultado das investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, para o esclarecemento dos roubos con forza no interior de vivendas »

A Xunta continúa en Baiona a rolda de contactos cos concellos da Área Metropolitana de Vigo

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, reuniuse hoxe co alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e cos representantes do PSdG, BNG e EU do grupo municipal para »

Toni Bou vence en Baiona e ponse outra vez líder

Como xa sucedese hai agora dous anos, Baiona volveu a ser escenario dunha cita valedoira para o Campionato de España de Trial. De feito, esta foi a sexta ocasión durante a última »

Baiona acollerá o Campionato de España de Trial organizado pols Moteiros Val Miñor

A Vila de Baiona volverá ser sede do Campionato de España de Trial, penúltima proba do calendario nacional da modalidade e á que confirmaron a súa asistencia o vixente campión do mundo »

A Xunta inicia o venres as reunións de traballo cos concellos da Área Metropolitana de Vigo

O director de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago explicou hoxe en rolda de prensa que darán comezo de maneira inmediata as reunións de traballo cos concellos da área »

A Xunta diríxese aos concellos da Área Metropolitana de Vigo para coñecer as propostas para reformar a lei

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o seu departamento xa remitiu aos concellos que compoñen a Área Metropolitana de Vigo as propostas efectuadas polo Goberno »

Rueda destaca en Baiona a importancia do labor dos concellos na loita contra a violencia de xénero

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou este mediodía, acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella o Centro de Información á Muller de Baiona, no que o »

Román Rodríguez e o alcalde de Baiona analizan as necesidades do concello en materia de cultura e educación

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, co fin de analizar as necesidades »

Preséntase o proxecto SANePLAN para os concellos de Cambados, Ribadumia, Baiona e Vilanova de Arousa

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe o proxecto SANePLAN, que desenvolve a institución provincial xunto co Instituto Tecnolóxico de Galicia, dentro do »

O Trofeo Príncipe de Asturias pon o broche de ouro á tempada de regatas do Monte Real Club de Iates

O Monte Real Club de Iates de Baiona acolleu este domingo a terceira e última xornada do Trofeo Príncipe de Asturias, coorganizado polo club baionés e a Escola Naval Militar de Marín, »

Baiona móvese a favor da fibrose quística en conmemoración do Día Mundial

O 8 de setembro conmemórase o Día Mundial da Fibrose Quística, entidade que entrou a formar parte de COGAMI en 2015, unha enfermidade crónica e hereditaria, dexenerativa que afecta »

As augas de Baiona acollerán o prestixioso Trofeo Príncipe de Asturias

No Monte Real Club de Iates xa está todo listo para a celebración da cita máis importante coa vela en Galicia e unha das máis prestixiosas do panorama náutico español, o Trofeo »

O IEM abre o prazo de inscricións para participar da Xeira Marítima Baiona – Illas Cíes

O Instituto de Estudos Miñoranos convoca á segunda  Xeira Marítima do verán.  Neta ocasión a proposta é partir dende o porto de Baiona, atravesar as Illas Estelas, bordear Monteferro e »

Unhas 200 persoas acompañaron a Xeira do IEM pola Estrada Real a Baiona

Máis de duascentas persoas asistiron a xeira pola antiga Estrada Real, ou camiño vello a Baiona, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos coa guía de Antonio Soliño, Anxo »

Educación inviste máis de 750.000 euros na reforma e mellora dun total de 34 centros educativos de Vigo e a súa área

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de investir este ano máis de 750.000 euros para levar a cabo traballos a cargo do RAM »

Podemos Galicia organiza en Baiona un encontro para recoller propostas para o programa das Eleccións Xerais

Podemos Galicia organiza no mes de agosto as xornadas intercírculos. Coa intención de reunir propostas de consenso galego para o programa das eleccións xerais, convócase ós Círculos, »

Xeira do IEM polo Camiño Real

Este mércores 5 de agosto teremos unha visita guiada polo Camiño Real coa guía de Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, integrantes do IEM. O punto de encontro será ás »

Preto de 200 persoas visitaron a aldea medieval de San Cosme no marco das Xeiras do IEM

A tarde ameazaba choiva mais rematou sendo ideal para para camiñar “pola agradable temperatura e o doado camiño que percorremos dende A Chan da Lagoa ata o núcleo de San Cosme e a »

Dobrete do Corsario VI no Trofeo Conde de Gondomar

Unha intensa néboa e un escaso vento marcaron a terceira etapa do Trofeo Conde de Gondomar, que comezou a celebrarse o pasado venres baixo a organización do Monte Real Club de Iates e »

Unha trintena de barcos pelexarán pola vitoria do Trofeo Conde de Gondomar

Este venres empeza en Baiona a cuadraxésima edición do Trofeo Conde de Gondomar, unha competición organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de SabadellGallego e Storax. A »

Aberto o prazo de inscrición para a Ruta Marítima por Baiona e o litoral sur coa guía de Xosé Lois Vilar

A vindeira Xeira do IEM  deste verán será unha navegación marítima pola costa do Val Miñor e o litoral sur atlántico cunha guía a cargo do arqueólogo Xosé Lois Vilar.  A mesma terá »

O Rei de España inaugura en Baiona a exposición do 50 aniversario do Monte Real Club de Iates

A súa Maxestade o Rei inaugurou este mércores en Baiona a exposición fotográfica “Monte Real Club de Iates: 50 anos de historia”, que resume con imaxes o medio século de vida do »

CEP apoia propostas de Aceba para comercio e servizos de Baiona

Os presidentes da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) e da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Marcos Comesaña Chamorro e Jorge Cebreiros Arce, »

‘Estamos no verán!!!’ chega a Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra e Baiona esta fin de semana

Os concellos de Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra e Baiona reciben esta fin de semana a proposta orixinal de Xoán Curiel no marco do FalaRedes, o programa de dinamización do galego que a »

Máis de 200 padexeiros participarán na V Regata de Kaiak de Mar II Copa Sipre

Máis de 200 padexeiros participarán o vindeiro domingo na V Regata de Kaiak de Mar II Copa Sipre que se disputará entre Vigo e Baiona cun percorrido de 17 quilómetros. A saída para as »

Amizade visita este domingo Baiona e Oia

Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de “Acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade”. Un obxectivo moi ambicioso no momento da »

Andarias gaña en Baiona o seu quinto título nacional

Con apenas 25 anos e un palmarés de premios envexable, Rafa Andarias  logrou esta tarde en Baiona o seu quinto título nacional ao vencer no Campionato de España da Clase 2.4mR – »

Baiona acolle o Campionato de España Clase 2.4mR de Vela Adaptada este fin de semana

O Monte Real Club de Iates organiza este fin de semana en Baiona, co patrocinio de Vitaldent, o Campionato de España Clase 2.4mR de Vela Adaptada. É o terceiro ano que o club baionés »

Benestar impulsa o deporte adaptado en Baiona

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe a importancia do deporte adaptado ás persoas con discapacidade como “unha canle para coñecer xente, facer novos »

As obras da nova fase de mellora da travesía de Sabarís comezarán a vindeira semana

As obras de humanización da nova fase da Travesía interior de Sabarís, no Concello de Baiona, cun investimento previsto de preto de un millón de euros, comezarán a vindeira semana. »

Jesús Pintos en solitario e Laureano Wizner e Alfonso Crespo en a dous son os novos campións galegos de cruceiro

O Monte Real Club de Iates entregou esta mañá en Baiona os trofeos aos gañadores do Campionato Galego de Solitarios e A Dous – I Memorial Rafael Olmedo, celebrado este fin de semana »

O Circuíto Atlántico de Cruceiros estreita lazos entre Galicia e Portugal

O próximo 20 de xuño darase o pistoletazo de saída, en Vila Nova de Gaia (Portugal), á terceira edición do Circuíto Atlántico de Cruceiros coa celebración da Mateus Rosé Sailing Cup, »

As Rías Baixas serán escenario do Campionato Galego de Solitarios e A Dous – I Memorial Rafael Olmedo

Este fin de semana celébrase nas Rías Baixas o Campionato Galego de Solitarios e A Dous – I Memorial Rafael Olmedo. Na proba náutica, organizada polo Monte Real Club de Iates coa »

Medio Ambiente inicia as obras de prolongación do carril bici de Baiona

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), comeza hoxe as obras que teñen como obxectivo crear unha prolongación »

O Monte Real homenaxea a Rafael Olmedo pondo o seu nome a unha regata

O Monte Real Club de Iates decidiu homenaxear ao seu ex-presidente Rafael Olmedo nomeándoo socio de honra da entidade a título póstumo. Trátase dunha mención especial coa que os »

Un total de 15 persoas con discapacidade intelectual de Redondela participan nunha actividade de vela adaptada en Baiona

Un total de 15 persoas do Centro de atención ás persoas con discapacidade (CAPD) de Redondela están a participar este mes en tres actividades de vela adaptada no Monte Real Club de »

Medio Ambiente adxudica por máis de 170.000 euros as obras de prolongación do carril bici de Baiona

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de adxudicar o contrato para a prolongación ata o Parador de »

Medio Ambiente adxudica por 670.000 euros as obras da nova fase da travesía de Sabarís en Baiona

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de humanización da nova fase da Travesía interior de Sabarís, no Concello de Baiona, por un »

Baiona acolle a Copa Galicia de vela da clase 420 este fin de semana

Este fin de semana celébrase en Baiona a Copa Galicia da clase 420, unha regata organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais ao amparo da »

Xunta e Monte Real Club de Iates colaboran para achegar o mundo da vela a persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Iates colaboran para achegar o mundo da vela a persoas con discapacidade. Ata final de mes, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da »

Cita coa vela infantil en Baiona

Novas promesas da vela galega medirán as súas forzas o próximo fin de semana en Baiona no Trofeo Baitra de Vela Infantil organizado polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Baitra »

A tripulación do Fifty gaña o Trofeo Repsol

Viñeron dispostos a revalidar a súa vitoria na regata de primavera do Monte Real, e así o fixeron. A tripulación do Fifty, liderada por Rui Ramada, conseguiu gañar o Trofeo Repsol por »

O Trofeo Repsol de vela unirá Baiona e Sanxenxo na ponte do primeiro de maio

O Monte Real Club de Iates celebrará, durante a ponte do primeiro de maio, a súa tradicional regata de primavera, que neste 2015 cumpre a súa trixésimo oitava edición patrocinada por »

O Unus gaña o Trofeo Turismo Rías Baixas do Monte Real

A bordo do Unus, e lucindo grímpola do Club Náutico Punta Lagoa, a tripulación patroneada por Luís Manuel García coroouse este sábado como vencedora absoluta do Trofeo Turismo Rías »

As tarxetas do Plan transporte metropolitano de Vigo estarán dispoñibles desde mañá en Abanca

As tarxetas do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo estarán dispoñibles desde mañá nas oficinas distribuidoras de Abanca. Os dispositivos poderán solicitarse nun total de 24 »

Fend la Bisse, Burla Negra e Virazón lideran o Trofeo Turismo Rías Baixas

Comezou con forza o Trofeo Turismo Rías Baixas, a primeira das grandes regatas programadas polo Monte Real Club de Iates para este 2015. Aínda que o vento non acompañou aos regatistas, »

O Trofeo Turismo Rías Baixas abre a gran tempada de regatas en Galicia

O Monte Real Club de Iates abre a súa tempada de grandes regatas do 2015 coa celebración da súa xa tradicional Regata de Inverno, que este ano está patrocinada por Turismo Rías Baixas e »

Convócanse 10 novos permisos de explotación de percebe a pé na confraría de pescadores de Baiona

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 10 novos permisos de explotación para a extracción de percebe a pé na confraría de pescadores de Baiona (Pontevedra). Para poder optar aos »

Teléfonos de interese


Concello:


986 38 50 50


Garda Civil:


986 35 50 27


Policía Municipal:


986 35 52 50


Oficina de Información e Turismo:


986 35 52 50


www.baiona.org


Máis información [+]