As Rías Baixas serán escenario do Campionato Galego de Solitarios e A Dous – I Memorial Rafael Olmedo
Este fin de semana celébrase nas Rías Baixas o Campionato Galego de Solitarios e A Dous – I Memorial Rafael Olmedo. Na proba náutica, organizada polo Monte Real Club de Iates coa colaboración do Concello de Baiona, competirán barcos con tripulacións formadas por un ou dous regatistas como máximo.
Os participantes deberán completar un percorrido dunhas 60 millas polas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, con final nas Illas Cíes.O trazado ten varios pasos obrigados (as balizas de Carallones e A Negra, as Illas Cíes, as marcas de Picamillo, Fajilda, Esqueiros e Ter, as Illas Ons e Onza e o Illote dos Viños) e o público poderá seguilo desde a Costa da Vela e a península do Grove.
A regata dará comezo o sábado 13 ao once da mañá e está previsto que finalice na madrugada do domingo, coa chegada a terra dos últimos barcos. A duración da proba dependerá da habilidade das tripulacións e das condicións meteorolóxicas. O domingo pola tarde celebrarase a entrega de premios aos gañadores nas instalacións do Monte Real Club de Iates.
Na edición deste ano participará, entre outros, o vixente campión galego de solitarios, José María Peinó, do Real Club Náutico da Coruña, que en 2014 fíxose coa vitoria do campionato a bordo do U-47, e que este ano competirá na categoría de dous en dous.
Na auga estará tamén loitando por un posto en podio Jesús Pintos, que o pasado fin de semana, a bordo da Vitoria, alzouse vencedor na penúltima proba puntuable para o Campionato Galego de Solitarios e A Dous.











