publicidade hoxe

Amizade visita este domingo Baiona e Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaOiaPontevedra
A-
A+

Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de “Acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade”. Un obxectivo moi ambicioso no momento da creación da asociación, aló polo ano 1988, pero que lamentablemente segue presente hoxe en día xa que aínda queda moito camiño por andar ata lograr esa integración; para conseguir unha igualdade real entre todos os cidadáns e cidadás. Por isto é polo que Amizade segue existindo, e segue ofrecendo actividades e servizos que melloren as capacidades das persoas. E tamén segue concienciando á sociedade sobre a necesidade de crear contornas inclusivas que acollan á diversidade de persoas que existen, sen discriminación; algo que, se dúbida, enriquecería á sociedade.

Un dos ámbitos sociais nos que traballa Amizade é do tempo de ocio e lecer, intentando ofrecer alternativas ás persoas con discapacidade. É aquí onde se enmarca a xornada organizada para este vindeiro domingo, 28 de Xuño, grazas ao Programa da Deputación de Pontevedra “Coñece a túa provincia”, que visitaremos Baiona e Oia.

Ás 09:30 sairá dende a Alameda de Pontevedra (onde a Subdelegación do Goberno) un autobús adaptado que desprazará as 38 persoas participantes ata Baiona, onde se visitará a fortaleza de Monterreal, a carabela Pinta e o centro histórico. Ao mediodía pararase xantar e á tarde visitarase a Virxe da Rocha e o mosteiro de Santa María de Oia. Tendo prevista que a hora de chegada será sobre ás 20:00 a Pontevedra.

26 de xuño de 2015 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.