publicidade hoxe

Fend la Bisse, Burla Negra e Virazón lideran o Trofeo Turismo Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportes
A-
A+

Comezou con forza o Trofeo Turismo Rías Baixas, a primeira das grandes regatas programadas polo Monte Real Club de Iates para este 2015. Aínda que o vento non acompañou aos regatistas, soprando moi frouxo e inestable durante toda a xornada, as tripulacións saíron á auga dispostas a dalo todo. A competición estivo moi rifada ata o final e nalgunhas clases a vitoria decidiuse por unha marxe de apenas uns segundos.

Na categoría dos ORC 1-2 o primeiro posto foi para o Fend la Bise, do Iate Clube do Porto, patroneado por Jean Claude Sarrade. En segunda e terceira posición quedaron o Bosch ServiceSolutions, do Club Náutico de Canido, con Fernándo Yáñez á cana; e o Altamar Dez, do Club Náutico Punta Lagoa, liderado por Juan González Crespán.

Juan José Martínez Silva levou á tripulación da Burla Negra, do Real Club Náutico de Vigo, á vitoria na clase dos ORC 3-4. O Unus de Punta Lagoa, con Luís García Trigo de patrón fíxose co segundo posto e o Maracaná I, do Real Club Náutico de Vigo, patroneado por Luís Suárez, completou o podio provisional.

Na categoría dos J80, elVirazón de Miguel Lago e a Lúa Nova de Juan Luís Tuero, ambos do Monte Real Club de Iates, fixéronse co ouro e a prata, deixando en terceira posición ao Náutico Corvo mariño, do Real Club Náutico Illa da Toja, que patroneaba Ignacio Bolibar.

Neste primeiro día de competición, os barcos participantes empregaron unhas dúas horas en completar un trazado costeiro que, partindo de Vigo, tiña prevista a liña de chegada en Baiona, aínda que finalmente houbo que acurtar o percorrido en Carallonespor falta de vento.

O Trofeo Turismo Rías Baixas continuará o vindeiro sábado día 25 coa segunda e última xornada de competición. A partir do mediodía, as tripulacións medirán as súas forzas en varios percorridos entre aboias situadas na bahía de Baiona. Pola tarde, ao finalizar as probas, as instalacións do Monte Real Club de Iates acollerán a entrega de premios aos gañadores.

20 de abril de 2015 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.