publicidade hoxe
Rodrigo:  “A través de Wiimbo os usuarios interactúan coas listas de reprodución dos locais” - Cabecera

Rodrigo: “A través de Wiimbo os usuarios interactúan coas listas de reprodución dos locais”

Rodrigo Vázquez

Imaxinan chegar a un bar, coller o teléfono móbil e decidir cal é a seguinte canción en soar? Así como llo digo, con Wiimbo isto xa é posible. Trátase dunha aplicación que xurde para “democratizar a selección musical”, de xeito que os usuarios poidan interactuar cos locais e configurar as listas, á vez que xogan, se comunican, comparte,… Todo un mundo novo que xa se deu en chamar; a gramola do século XXI.

Rodrigo Vázquez

Nome: Rodrigo Vázquez Rodríguez (Ourense, 1987)

Un lugar: a zona dos viños de Ourense

Un hobby: demasiados! A música, o pádel, o cine…

Unha comida: os ovos encapotados da miña avoa

Unha virtude: que o digan outros

Un defecto: moitos

Un soño: encher o mundo de wiimbers!

Para empezar Rodrigo, explícanos ben que é Wiimbo? Que lle ofrece Wiimbo aos seus usuarios

Wiimbo é a gramola do século XXI. A través da nosa app móbil os usuarios interactúan coas listas de reprodución dos locais nos que están, votan as cancións que queren escoitar e fan que sone sempre a música que o público realmente quere escoitar. Con esta gramola queremos que o público recupere o poder de decisión.

Ou sexa, por un lado é un software para os locais e polo outro, unha aplicación móbil para os usuarios, non?

Si, os locais xestionan a súa biblioteca musical a través do noso software e crean playlist coas que logo os usuarios, a través da app móbil poden interactuar.

Con Wiimbo dicides que chega a democracia musical ós locais…

Queremos democratizar a selección musical. Adecuar a música que sona ós gustos da maior parte da xente, o que dá un plus os usuarios e beneficia ó local.

Que dirías que lle supón isto ó usuario?

Wiimbo quere ser un entretemento para o usuario. Propoñémoslle un xogo. Algo divertido, diferente… Poden votar cancións, coñecer novos temas e arquivalos, descubir novos locais ós que ir e novas fórmulas para interactuar co local e cos propios usuarios. Estamos a apostar forte polo gaming dentro da app.

E no sentido do propietario do local? Que pode supoñer para eles?

Pois pode ser un xeito de atraer ó seu público obxectivo e de fidelizar á súa clientela habitual. Coñecerá de preto os seus gustos e terá un fío directo para comunincarse con eles e informalos da programación no seu local, festas, concertos, actividades…

Pero podería temer o dono do local que se lle vaia das mans o control sobre o que soa no seu establecemento?

O local pon a disposición do público a súa selección musical. A última palabra é a dos clientes, pero o primeiro filtro pono el.

WiimboPermite saber a música que pon un local antes de ir, non? Iso tamén é un valor engadido…

Por suposto. Atraerá ó público obxectivo do local porque xa irán a un lugar que saben que poñen unha música determinada.

Ademais está o feito de identificación co establecemento. É como facer partícipe ó cliente do funcionamento do propio local, como se formara parte del en certo modo…

Efectivamente, o vínculo entre local e cliente estréitase a través de Wiimbo. O cliente síntese importante no local porque a súa palabra conta.

E despois está o factor rede social, non si? Porque Wiimbo tamén ofrece outras posibilidades, sobre todo en canto á interacción se non me equivoco…

Estamos apostando forte pola gamificación, pero aínda estamos traballando nela. En breve poderemos desvelar máis sorpresas neste apartado.

Rodrigo VázquezTedes xa un ”xentilicio”! Os que empregan este servizo son Wiimbers! Poderíamos dicir que ser Wiimber é tamén ser partícipe dunha nova filosofía?

Ser wiimber simboliza tamén unha actitude. Un rol activo como usuario, unha forma nova de gozar do noso tempo de lecer, de gozar coa música de xeito innovador, de querer ser diferente… Na hostalería a innovación é máis ca necesaria. E sobre todo a diferenciación, desmarcarse da competencia… Wiimbo pode ser un factor diferenciador para un negocio.

E como xurde este proxecto, Rodrigo? Quen está detrás de Wiimbo e como é que decidides poñer isto en marcha?

Xurdiu dunha necesidade persoal. Estabamos tomando unha cervexa unha noite e ocorreusenos que había que renovar a forma de gozar da música no noso tempo de ocio. Esa foi a orixe de todo isto.

Rodrigo VázquezA nivel “usabilidade” como  defines a aplicación? É unha aplicación intuitiva? Pode empregala calquera?

O seu manexo é sinxelo. Está pensada para que calquera se poida afacer rapidamente. Non ten ningunha complicación.

E como está a ser a aceptación? Canto tempo levades co proxecto e como vai a cousa?

En todos os locais e eventos onde testeamos Wiimbo tivo unha gran acollida. Esperemos en breve pechar unha nova fase do desenvolvemento e comezar a súa comercialización.

Cara que tipo de persoas está orientada Wiimbo? Cal é o voso público obxectivo digamos?

Calquer usuario de smartphone é susceptibe de  convertirse en Wiimber, pero facemos especial fincapé no público de entre 18-35 anos.

WiimboCreo que tamén a levastes xa a algún festival, non? Tamén se pode empregar neste tipo de eventos? De que maneira?

Estivemos en Portamérica en 2013. Ademáis de festivais tamén está pensado para poderse adaptar a outros foros, coma centros comerciais, tendas, polideportivos ou estadios… Calquer lugar onde se produza un consumo de música colectivo.

Falamos de cartos? Ou deixámolo aí? (Risas)

Será por cartos… (Risas) Estamos definindo fórmulas de comercialización adaptadas ós locales e os tempos actuais. En breve daremos algún detalle máis.

Pois nada, invita entón á xente a probala, non? Como o facemos?

Estamos á disposición de calquera establecemento que queira utilizar Wiimbo e ofrecer esta nova alternativa ós seus clientes. A través da nosa web, wiimbo.com poden consultar todos os detalles sobre a nosa app. E por suposto, convidamos a todos os lectores a descargar a nosa app nos seus smartphones e a experimentar a sensación de ser un wiimber!

Graciñas Rodrigo, e moita sorte!

 

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 22 de Xullo do 2014 | 4:57 p.m.

Outros temas de Entre Nós