publicidade hoxe
James S. Ruiz: “A felicidade existe, se cres en ti e en que a mereces, e loitas por ela” - Cabecera

James S. Ruiz: “A felicidade existe, se cres en ti e en que a mereces, e loitas por ela”

James Sosa Ruiz

Un matrimonio falido e un negocio que se vai a pique. O que de entrada podería parecer tocar fondo, para James Sosa Ruíz foi máis ben o punto de partida para todo o contrario, para acadar o maior éxito da súa vida. E no falamos do libro que acaba de publicar e que se está a converter en todo un ‘boom’, falamos dun éxito máis… Profundo. Un éxito vital. Un cambio de mentalidade que lle está a permitir acadar a súa propia felicidade, e converter a dos demais nun reto persoal. 

James Sosa RuizNome e apelidos: James Sosa Ruiz de Castilla

Un lugar: o mar

Un hobby: escribir

Unha comida: tortilla de patacas

Unha virtude: sinceridade

Un defecto: demasiada sinceridade

Un soño: facer feliz a quen teña a oportunidade de coñecer

366 días… Por debaixo da túa pel” é o título do seu primeiro libro James, en que consiste este libro? Que podemos atopar nel?

Trátase dun libro composto por 435 páxinas, todas cargadas de auto axuda e motivación, que ensina ao lector a apreciar a vida de maneira positiva, sen deixar que a negatividade estrague o que temos. Fai que as persoas que o len deixen de pensar que todo o que lles sucede é por mala sorte, e deixen de agardar que as cousas cambien por si soas, cando o que teñen que facer é mover o cú para obter da vida o que queren. É un libro que loita contra o conformismo no que moitas persoas viven escravizadas. Moita xente vive dependente do que outras persoas fagan nas súas vidas, deixando que estas collan a pluma das súas historias e escriban sobre como deben de vivir. Neses casos, no lles deixan aprender todo o que esta vida ten que ensinarlles para acadar esa felicidade, que moitas veces pensamos que non existe.

¿Qué estilo diría que ten este libro?

Foi creado cun idioma coloquial, sen tabús, sen censura, sen palabras rebuscadas ou complicadas de entender, fácil de ler incluso para aquelas persoas que no están acostumadas a tocar un libro. No ten continuidade na lectura como a maioría dos libros, nos que tes que seguir de páxina en páxina. Neste libro o lector pode escoller calquera páxina ó azar, ler as reflexiones que queira, e ó día seguinte abrir por calquera outro sitio. Son máis de 700 reflexións divididas en 366 días, reflexións que intentan axudar a afrontar toda clase de problemas ós que nos enfrontamos cada día da nosa vida. 

Non era vostede, ata agora, escritor… Como xurde esta obra? Como comeza a escribir?

“Sentín que empezaba a ser de axuda e iso axudábame a min a ser máis forte”

Empecei escribindo comentarios nunha das páxinas que teño en Facebook. Non o fixen con ningún fin, foime sinxelo ó principio, as palabras xurdían sen esforzo algún. Pouco a pouco a xente que me lía empezouse a identificar coas cousas que escribía e nun ano esa páxina de Facebook pasou de ter 10,000 fans, a ter 100,000. Unha loucura! Isto foi o que fixo que pensara en escribir un libro. Un libro que fixese máis do que fan os libros de auto axuda tradicionais.

James Sosa RuizVivía vostede un momento difícil de su vida, non si? Pódese dicir que soubo sacarlle o lado positivo a aquela situación…

Todo empezou co meu divorcio e a caída da empresa de eventos que tiña. Foron tempos difíciles, que fan que as persoas que pasamos por algo así, empecemos a comprender mellor os problemas dos demais. Esa famosa empatía que por desgraza é unha descoñecida ata que pasas un mal trago. No meu caso, me axudoume a que saíse ese lado escritor que non sabía que existise en min. Aprendín a ver o lado bo da vida e así puiden superalo todo. Agora sei como facelo, e quero compartilo con quen peor o están pasando.

Que pensou no momento que veu que o seguía tanta xente?

Sentinme útil ó ver que había persoas que precisaban ler que había alguén que sentía o mesmo que eles. Sentín que empezaba a ser de axuda e iso axudábame a mi a ser máis forte e a seguir con isto. O meu mundo axudoume a intentar mellorar o mundo das persoas que me lían. Unha gran recompensa.

“A empatía é unha gran descoñecida ata que pasas un mal trago”

Agardaba tal repercusión?

Para nada, xamais pensei que isto sucedería. Eu só escribía o que me supuxeron aqueles momentos duros da miña vida, e a verdade é que nunca pensei que chegaría un momento no que máis dun millón de persoas lerían o que fago cada semana nas miñas páxinas de Facebook.

Como decide dar o paso de recoller todos eses posts en un libro?

Todo se debeu ós comentarios dos meus fans, que sempre me dicían que tiña que escribir un libro, algo que axudase a máis persoas, unha historia. Así empezou a xurdir pouco a pouco o libro. Unha mañá de Decembro do 2012 empecei e non parei ata o 4 de Xullo do 2013 ás 23:50.  Dende entón no deixei de traballar un solo día do ano para aportar o mellor de min, tanto nas páxinas de Facebook, coma na difusión do libro.

James Sosa RuizQue pretende transmitirlle ós seus lectores? Que cre que se aprende co seu libro?

Pretendo que aprendan a quererse, a valorarse, que corten las cadeas da dependencia, que decidan ser felices, que poden facer o que queiran e que xamais lles debe importar o que digan os demais sobre a súa vida, que aprendan a ver máis alá dos problemas. É un libro que podes ler miles de veces, en diferentes estados de ánimo, e sempre che dará algo novo, algo que te faga sorrir e que te axude a deixar fora da túa vida ese pesimismo que non te deixa facer o que queres.

A título persoal, serviulle como terapia?

Moitísimo, e aínda o fai.

Por que decidiu escribilo así? De maneira que non sexa preciso lelo en orden…  

Porque no quería que fose o típico libro de auto axuda, cun idioma de dicionario e un orden. Quero que o libro se lea como lles dea a gana de lelo ós que o fagan. Que escollan a páxina que escollan, entre por debaixo da súa pel sen ter que buscar una páxina exacta ou unha frase exacta. O libro non perderá sentido como cada un decida lelo, porque o sentido pono quen o le. O sentido pono a situación que viva nese momento e intentará dar esa enerxía para dar o golpe na mesa e poñer un alto á tristeza e seguir adiante a pesar de todo.

Entonces James, todos os problemas teñen solución?

“O segredo é aprender a quererse un mismo, a non  depender de ninguén”

Si, todos a teñen, menos a morte. Todos os problemas teñen unha solución a pequeno, medio ou longo prazo, todos. A solución existe e xamais debemos pensar que non é así ou nunca solucionaremos nada.

Que me di da felicidade? Existe realmente? É posible vivir nun estado de felicidade permanente?

James Sosa RuizÉ posible vivir feliz, con enerxía, o segredo é aprender a quererse un mesmo, a no depender de ninguén. Pódese ter parella, pero non dicir que esa parella é todo na nosa vida y que se ela marcha, morres. O libro loita contra a dependencia e contra o odio que moitas veces temos con nós mesmos. Intenta que nos perdoemos e que loitemos pola nosa felicidade, esa que sempre está nas nosas mans pero que, por desgraza, deixamos nas de outras persoas. A felicidade existe, se crees en ti y en que a mereces e loitas por ela.

Que acollida está a ter o libro? Está satisfeito neste sentido?

Desde a súa saída ó mercado, a principios de Decembro do ano pasado, ata agora, vendéronse máis de 5000 libros. Non só en España, tamén noutros países. É unha loucura, nunca pensei ter tantos libros vendidos en tan pouco tempo. Dinmo nas librarías que os teñen, e os fans que mo compran online. Estou moi contento e agora mesmo xa estamos traballando na xira que faremos por toda España e na edición en América Latina.

Haberá segunda parte? Seguirás escribindo?

Seguirei escribindo, claro que si. Non será a segunda parte deste libro, pero na miña cabeza está a creación dun libro diferente. Un que fará soñar ó lector e que sei que gustará.

Agardamos por el! Moitas grazas.

Para ver versión en castelán Pincha Aquí

 

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 15 de Abril do 2014 | 2:49 p.m.

Outros temas de Entre Nós