publicidade hoxe
Jaji: “Aspiramos a ser a rede social de surf de referencia a nivel mundial” - Cabecera

Jaji: “Aspiramos a ser a rede social de surf de referencia a nivel mundial”

Jaji na súa oficina 

O seu amor polo surf e a súa visión empresarial foron as que fixeron que Jaji acabase rematase embarcado neste proxecto. Que hai máis en alza nestes momentos que as redes sociais? E que mellor para disfrutar dun hobby,  unha paixón, ou un xeito de vida, que facelo en comunidade. Nunca comunidade virtual que suma xa milleiros de seguidores. Surfgarage é a primeira rede social dedicada ó mundo do surf. Nace con vocación internacional pero con espírito galego, a lo menos en parte.

Jaji

Nome: Alejandro Iglesias Fusté (Vigo, 1980)

Un lugar: Sur de California

Un hobby: fútbol

Unha comida: vexetariana

Unha virtude: escoitar

Un defecto: a dispersión

Un soño: crear unha familia preto do mar

Bueno Jaji, cóntanos! Que é Surfergarage? En que consiste esta rede social?

Surfgarage é unha rede social dedicada ó mundo do surf. O que fixemos foi compilar e simplificar todas as utilidades das redes sociais xerais e enfocalas ó surf.

Ou sexa, que a primeira rede social dedicada ao mundo do surf ten orixe galego?

Digamos que en parte si, somos catro socios fundadores; un madrileño de orixe cántabra e outro de orixe galega, un vasco e máis eu. Tamén está o galego Gony Zubizarreta (co que xa falamos en este xornal na sección Dende a Bancada), o mellor surfista galego de todos os tempos. El forma parte do proxecto como socio e embaixador. Pódese dicir que se fala galego por momentos… (Risas)

E como xurde este proxecto? Quen o pon en marcha?

A semente lanzouna Gonzalo, a semente e a idea. O surf non está na televisión nin na radio, pero si en Internet e as redes sociais. El ten a idea e un día coméntama e poñémonos a buscar o equipo, a financiación,… Así ata que nos embarcamos por completo nesta Start Up, que ademais é unha novidade a nivel mundial.  

Canto tempo leva en funcionamento? E que tal acollida está a ter?

Lanzamos o verán pasado a beta e este ano a aplicación móbil para Iphone, e en breve virá a de Android. Queremos facelo ben, medindo cada paso. Hai máis de 3.000 descargas de App, e decenas de usuarios posteando cada día fotos, viaxando polo mapa e interactuando. En Redes Sociais temos centos de seguidores.

SurfgarageE non estades só en España, non? Creo que Surfergarage nace con vocación de expandirse a nivel mundial. En que países vos atopades e en cales tedes previsto estar?

Na actualidade España é o noso lugar, seguido de Portugal e algúns países de Europa, estivemos por Centro América e queremos volver a finais de ano. A rede está dispoñible en inglés, castelán e portugués, e a nosa vocación é universal.

É unha rede pensada para os afeccionados ó surf ou para os profesionais?

Está feita por surfistas para surfistas, é unha comunidade que non pon barreiras e que convive grazas a esta afección que nos une, que é o surf. Podes atopar dende profesionais ata afeccionados, tendas, marcas, campamentos… De todo!

SurfgarageE na práctica, que vai a atopar o surfista que se una a Surfgarage? En que se pode beneficiar?

Os surfistas bebemos das nosas propias fontes e temos o noso propio idioma. A fotografía, os vídeos, os mapas, os campionatos, o life style, o SUP… Todo se une nesta rede para surfistas, tes de todo en un só click. A idea é ter toda a información a tempo real do mundo del surf.

Cal cres que é o valor máis importante desta rede? O que dirías que a fai verdadeiramente atractiva…

É atractiva porque o surfista séntese cómodo, todo xira ó redor do surf.

Dádeslle moita importancia ós dispositivos móbiles, verdade?

Sen dúbida a nosa prioridade é esa, hoxe en día todo se fai co smart phone, cremos que debemos avanzar por aí sen descoidar a web.

E como xurde esta idea? Supoño que sodes afeccionados ao surf loxicamente, notabades que había unha necesidade que cubrir?

A todos nos apaixona o surf, vimos do mundo empresarial, da competición, do marketing, do comercial e a tecnoloxía. Identificamos unha necesidade e aquí estamos.

Jaji na presentación de SurfgaragePorque afección ó surf hai moita, non?

Dende Logo, o surf é un deporte aspiracional, é imaxe e natureza, agora telo no teu teléfono ou no teu ordenador grazas a Surfgarage.

E por que Surfergarage? De onde ven ese nome?

Os garaxes son lugares extraordinarios para gardar as táboas, os neoprenos, os trofeos, accesorios… Quixemos que en SG estivese todo iso presente e de aí o nome…

Como che gustaría ver esta rede dentro dun tempo, dentro dun par de anos? A que aspirades?

Aspiramos a ser a rede social de surf de referencia a nivel mundial. Nesas estamos traballando e seguiremos pelexando!

Pois moita sorte Jaji! 

Surfgarage

Por: Úrsula Lorenzo Ruibal
Publicado o 25 de Xullo do 2014 | 10:30 a.m.

Outros temas de Entre Nós