“Pili Pampín é a artista máis grande que hai”
María López Barreiro naceu hai 24 anos na Coruña e a súa gran paixón é a música, sobre todo a que fai Pili Pampín. Cando non está escoitando ó seu ídolo, a María gústalle ir ó cine ou ler un bo libro. Agora ben, para pasar unha boa tarde, lévena de compras e verana na súa salsa. Cando se decatou de que non había club de fans de Pili Pampín non o pensou dúas veces e púxose mans á obra. |
Quen é Marhy López?
Unha rapaza sinxela, divertida e alegre, cun punto de loucura, e que busca cumprir tódolos soños e metas que quere. Aínda que non o pareza son clásica total!! Dende ben pequena gústame a copla, as rancheiras, os programas do corazón…
Que significa para ti Pili Pampín?
Para mín, Pili Pampín é a artista máis grande que hai e, por suposto, é unha das persoas máis importantes da miña vida. Ó escoitar a súa música teño unha enerxía especial, que só sinto con ela.
Cando foi a primeira vez que te sentiches atraída pola súa música?
Pois é curioso, pero sei o día exacto e todo, foi o 10 de maio de 2012, cando ela estaba participando no programa de Tvg “O Clan dos Impostores”. Xa era o segundo programa e ela saía cantando unha versión dunha rancheira, na que a letra ía sobre unha proba que lle tocara facer no programa. Gustoume tanto que logo eu xa quería escoitar máis eentón comecei a buscar cousas en Internet, as súas cancións, programas de Tv…
Como xurdiu a idea de crear un Club de Fans para Pili Pampín?
Dende o día que a vin nese programa púxenme a buscar nas redes sociais se ela tiña algunha páxina de fans, coa idea de poder saber máis cousas da artista, que daquela para min era totalmente descoñecida, e o ver que non tiña ocorréuseme que podía facelo eu. Recordo que só llo contei a miña nai, e que eu lle dicía: “Non entendo como esta artista non ten xa un club de fans!”, tamén é verdade que miña nai pouco caso me fixo. Pero ó final decidinme e aquí estou…
Como se decatou Pili Pampín de que te fas cargo dun perfil de seguidores dela?
Bueno, o club de fans está en Facebook (despois tamén nos pasamos ó twitter), e loxicamente á primeira persoa que engadín foi a PiliPampín… De seguido escribinlle para que soubera que era eu quen o creara. Teño que recoñecer que tiña moitísimo medo de quen non lle gustara, non en si o perfil, senón ó mellor a miña maneira de xestionalo. Pero dende o principio ela estaba encantada con todo, e iso alegroume moitísimo.
Cando e como foi a primeira vez que coñeciches en persoa a esta gran artista galega?
Aquí xa é onde comezan as miñas loucuras. Fun a Vigo aúltima gravación do programa “O Clan dos Impostores” só porque quería coñecela! Non foi o día que máis puidemos falar porque non tiñamos tempo, pero eu xa era feliz tan só por poder vela e abrazala. Ademais ela foi a gañadora do programa.
Que supón para ti coñecer a Pili Pampín? Como é a túa relación con ela?
A verdade, supoño que todo… É o meu gran soño cumprido. Vivín todo isto moi de repente e non pensaba que ía ser tan perfecto, tan máxico… O meu cariño e admiración teno sempre porque ela é a artista e meréceo pero sorprendíame, e a dia de hoxe aínda me sorprende,o cariño que ela me ten. Pili Pampín é a artista da miña vida, non existe nin existirá ninguén como ela. A miña relación con ela é fantástica, teño moitos momentos bonitos vividos con ela e a súa familia, e algúns non tan bos…E considero que ela é unha amiga, e incluso hai cousas que non lle conto a ninguén e a ela si.
Como xestionas o Club de Fans?
As fechas dos concertos, das actuacións de televisión….Sempre é ela quen mas di, aínda que ás veces entérome eu antes ca ela. Todos os enlaces dos vídeos son do que eu podo gravar, de todo o seu traballo. Dende a creación do club de fans, e agora intento conseguir todas as cousas de antes para completar máis o club. Intento mantelo actualizado a miúdo, aínda que cando máis movemento hai é no verán cando empecen as galas.
Cóntanos. Como foi a túa experiencia no programa de Desexos Cumpridos? Como xurdiu esta oportunidade?
Os do programa puxéronse en contacto comigo a través do club de fans, e pedíronme algunha sorpresa para Pili ou algún soño que quixera cumprir… e despois de moito pensar, ocorréuseme que podía coñecer a María Costa, a súa fan que vive en Suíza. Pensei en ela, porque como xa viña de vacacións e ía coñecer a Pili, era moito máis bonito tendo a oportunidade de facelo en televisión. María Costa é das fans máis especiais que Pili pode ter, en moitas ocasións mándalle chocolates suízos, e sempre está moi pendente de todo o relacionado a artista e o club de fans, a pesar de estar lonxe. Foi un momento moi especial, porque vin como un simple soño pode traer cousas tan bonitas como as vividas ese día no programa, e ver que María Costa era feliz por coñecer a súa artista.