Lorena Ferro, o toque rockeiro de Recantos
Aínda que é auxiliar de enfermería e cociñeira, o que de verdade lle gusta a Lorena é o escenario. Dende que subiu ó primeiro, hai xa catro anos, deuse conta de que non quere baixar deles. Asegura que lle gustan todos os estilos musicais, pero se ten que escoller… Sáelle a vena e non o dubida; esta recanteira arousá leva o rock nas venas. |
Nome: Lorena Ferro Idade: 24 anos Recanto ao que representas: Recanto de Arousa Domicilio: Vilaxoán de Arousa Profesión: Estou realizando as prácticas de auxiliar de enfermería no hospital Juan Canalejo da Coruña (CHUAC). Ademais teño un dúo propio chamado “Dúo chic” e tamén fago actuacións en solitario. Estudos: Ademais de Auxiliar de Enfermería, tamén estudei cociña en Pontevedra Hobbies: cociñar, os karaokes, tocar o acordeón, a gaita e teclado… |
Como comezaches na música?
Pois o que se di comezar, comecei fai como catro anos a través dos karaokes e presentándome a concursos e certames. Despois disto, formei un dúo en acústico co que pouco a pouco me fun introducindo mais na música. Mais tarde fun a vocalista dun grupo chamado “Cat” e que se dedicaba ó pop-rock. Foi aquí onde descubrín o meu pau. Dáseme ben cantar rock. Xa fai case un ano que montei o “Dúo Chic” e con el facemos verbenas, vodas, bautizos, comuñóns, e sobre todo, ceas e bailes. Amenizamos todo os eventos que nos deixan (Risas). O certo é que dende que entrei no Recantos de Luar, estánseme a abrir máis portas en solitario, e tento aproveitalas.
Entón dirías que o estilo de música que máis che gusta é o rock?
Coa música son moi versátil, xa que me gusta toda a música. Aínda que podo dicir que si, o Rock e a miña debilidade!
A quen admiras profesionalmente? Tes algún ídolo ou ídolos musicais?
Os cantantes e artistas que che fan sentir . Encántanme Mónica Naranjo e David Bustamante.
Cal é a experiencia profesional que máis valoras?
Todas as que se me están presentando no Luar. Cada experiencia é algo inesquecible na miña vida.
Que significou para ti entrar en Recantos?
Significou darme conta de que aínda hai portas que se che abren e que tes que aproveitalas o máximo. Significou decatarme de que a miña voz gusta e iso para min éo todo.
Que é o que mais está marcando a túa experiencia en Recantos?
A gran familia que estamos formando e as grandes amizades que estou facendo con cada un dos meus compañeiros. É unha cousa inexplicable, só se pode sentir. A gran familia de Recantos.
Das túas actuacións en Luar, con cal te quedas? Por que?
Das dúas que fixen, gustoume moito a da segunda fase, con aquel “Vivo Cantando”. A pesares de que estiven moi mal toda a semana, gustoume o tema, transmite alegría e diversión.
Como te sentes nese escenario sabendo que tantos artistas de renome cantaron nel?
Síntome orgullosa de poder pisar cada metro cadrado do escenario do Luar. É impresionante e inexplicable a sensación que ten un por dentro cando estas enriba del.
Que significa a nivel persoal a túa experiencia en Recantos?
A nivel persoal, sobre todo compromiso e dedicación. Hai que ir a por todas.
Que estás a aprender do xurado?
Sobre todo estou “aprendendo a aprender” dos meus erros. E a ser mellor cantante.
Trátannos moi ben, non hai queixa (risas!).
Como é a relación cos outros recanteiros da túa edición?
Moi boa, eu persoalmente levo a cada un no meu corazón.
Que significa para ti o teu Club de Fans?
É o meu gran apoio, o que me da forzas para continuar avanzando na miña carreira musical e sobre todo o meu piar na música.
Fuches a algún outro concurso? A cal? Cando?
Presenteime a varias probas; El numero 1, La Voz, e a un concurso de karaoke do que me proclamaron gañadora.
Que dixeron a familia e os amigos cando lles dixeches que entrabas nun concurso de cantantes?
Que a por todas! A demostrar o que valo e sobre todo a desfrutar dunha experiencia tan importante como é esta que nos brinda o Luar da Televisión de Galicia.
Como te sentes cando a xente te recoñece pola rúa?
Importante a verdade, cáeseme a baba cada vez que alguén me recoñece pola rúa (risas).
Que proxectos tes en mente ou estas realizando?
Estou facendo algún traballo con DJ Federato, temos algún traballo xuntos, e estamos acabando outro, pero aínda faltan uns retoques. Gustaríame poder gravar un CD para que xente disfrutara da miña música.
Que consello lle darías a quen estea lendo esta entrevista e teña un soño por cumprir?
Moito ánimo. Quen busca e traballa para acadar un soño, encóntrao.