publicidade hoxe
Iria Cid, unha cantante “en realidade” - Cabecera

Iria Cid, unha cantante “en realidade”

Iria Cid

Natural de Distriz, en Monforte, Iria Cid xa conta cun disco no seu haber, “La realidad”, cuxo tema “Sólo unha vez máis” presentou no mesmo programa que a deu a coñecer, Luar. Representou á Lemos Terra na edición 2012/13 do espazo Recantos despois de numerosos intentos en diversos concursos musicais. Aos seus 22 anos ten claro que a canción é toda a súa realidade e asegura que continuará a loitar para poder vivir da súa gran paixón, a música.

Como te sentes ao ser unha artista que recoñecen na rúa?

A verdade é que te sentes estraño, dalgún xeito penso que nunca rematas de crer que es Artista. Soe ser un pouco complicado que, coma quen di, da noite para o día sexas alguén cando o día anterior non eras ninguén… Nunca me considerei mellor nin peor que ninguén por iso tratarei de manter sempre os pés na terra. Si nalgún momento esqueces de onde vés e quen es, será a túa perdición. Unha anécdota diso aconteceume nunha comida familiar nun restaurante, quixeron que cantara e púxenme a elo… e as mesas que había próximas comezaron a animar e mesmo me deron moitas felicitacións pero, unha señora, en canto rematei, acercouse a min e díxome “mira nena, pódoche facer unha pregunta? ti es Iria Cid? e contestei que si  e a señora gaboume dicíndome que cantaba coma os anxos, que tiña un poderío que parecía un volcán ao que só lle faltaba estallar… pero tiña que buscar o momento” Eu agradecinlle as súas palabras e pediume se podía cantarlle o aniversario á filla e eu, por suposto, concedinllo.

Son das que di que non hai que aparentar, hai que ser persoa.

Que opinas da importancia que se lle dá á imaxe para lograr ser cantante?

Obviamente hoxe en día, por desgraza, atopámonos nunha sociedade moi cruel. Está claro que a simple vista, no escenario, chama máis a atención das persoas unha modelo que unha persoa máis “rellenita”… pero a verdade é que non se pode xulgar ás persoas pola súa aparencia, o máis importante é o interior. Dito isto, deixo plasmado que non debería importar a imaxe que teñas dependendo do fin que queiras conseguir. Eu, se son cantante, o que importa será a miña voz; se es actriz, o que importa e a actitude e a personalidade e, se es modelo, importa o físico e para iso ata certo punto… porque hoxe en día ata hai modelos de talla grande. Só fai falla que a xente se conciencie. Son das que di que non hai que aparentar, hai que ser persoa.

Iria CidQue opinas dos celos ou envexas entre artistas?

 Son unha persoa realista, hoxe en día ser artista é moi complicado pero non se pode perder a esperanza porque, se non, pérdelo todo. Nesta profesión hai sitio para TODOS e cada persoa ten o seu público… que non quere dicir que non poida ir aumentando co paso dos anos.

Que é para ti o mellor da fama?

Que podes ir avanzando pouquiño a pouco e ir facéndote un oco no que de verdade che gusta, gozando do que fas. O malo é que deixas de ter vida propia e aumentan as responsabilidades. Fanse moitos sacrificios, porque sen iso non hai nada.

A que te dedicarías se non foses cantante?

 Todos os estudos que se teñan son fundamentais na vida para complementar a formación. Se non me dedicara a cantar sería esteticién, encántame o mundo da estética, perruquería, moda… etc. Son unha gran fanática da bixutería e os complementos. Tamén me encantaría ser actriz, son fan das telenovelas e as series, gustaría algún día poder formar parte dalgunha, pero eses son pasos que aínda non chegaron. Hai que ir pouquiño a pouco.

Iria CidQue sentes cando ves as túas actuacións na televisión?

Cando miro os vídeos de todo o percorrido, facendo o que me gusta… encántame!, síntome superorullosa e feliz xa que, simplemente, realizo o que quero e se puidese vivir diso sería fenomenal! Non podería pedir máis a esta vida. Creo que cando es persoa e sabes onde estás, os éxitos chegarán pouco a pouco porque a vida saberá premiarte dun xeito ou doutro.

Como comezaches a cantar?

Nesta profesión hai sitio para TODOS e cada persoa ten o seu público.

Sendo tan só unha nena, tiña 5 aniños. Non recordo con detalle pero si que me dou conta de que estaba nun karaoke e eu quería subir a cantar… cumpríronme o desexo e cando rematei a xente aplaudiu moitísimo e ao baixarme a xente comezou a dicirlle a miña nai “Celia é unha nena, pero a maneira que ten de cantar, o timbre de voz e a afinación, sendo tan pequena… pode chegar a ser grande”. Eu non comprendía moi ben, pero a medida que pasou o tempo e fun tendo máis uso de razón, foi cando souben que o meu era ser cantante.

Que consello lle darías aos lectores que comezan no mundo do espectáculo?

Iria CidA vida ten a mesma base para todo, por iso, para responder esta pregunta só podo dicir que nunca hai que esquecer onde estás e de onde vés. Non esquecer os orixes nin os momentos difíciles dos comezos, hai que traballar, ser humilde e agradecido, no espectáculo e tamén na vida cotiá. Vivo nun mundo de “ilusión”, un sentimento que sempre me acompaña e nunca me deixa que decaia. Por iso, á miña saída de Luar, comecei a traballar no meu primeiro proxecto discográfico que sae a venda en novembro. O seu título é “La realidad”, e iso é o que quero explicarlle ao mundo; que fagan realidade os soños e ilusións porque mañá igual é tarde, pero sempre sen perder a noción da realidade da vida.

Por: Silvia Villanueva Villanueva
Publicado o 20 de Novembro do 2013 | 10:56 a.m.

Outros temas de O Recanto de Silvia