publicidade hoxe
Martín Reimúndez Recanteiro do Luar da TVG - Cabecera

Martín Reimúndez Recanteiro do Luar da TVG

Con 42 anos, Martín Reimúndez non é un policía local ao uso, pois dende os 11 anos dedícase ao mundo da música, pasando por diferentes agrupacións musicais como intérprete de tuba; a Banda Municipal de Outes, a da Serra de Outes, a de Noia, Lousame, Brión, Negreira, Padrón, Arteixo…

Non obstante, a súa paixón pola canción foi máis tardía, remóntase a cando un amigo decidiu montar un karaoke. Actualmente forma parte dun trío do que é o teclista, participando en diversas festas e cerimonias. Entre os seus referentes no mundo da música atópanse grupos tan dispares como La Oreja de Van Gogh, Fito, Eros Ramasotti, Sergio Dalma, Los Tamara, El Arrebato ou os participantes de OT.

Martin-raimundez-actuacionComo comezou a túa labor como cantante?
Pois comezou nun karaoke e despois cun cuñado meu co que teño un trío e participamos en verbenas e… ata a actualidade que cheguei aquí.

Como recordas a primeira vez que cantaches diante da xente?
A primeira vez non foi nun karaoke, foi nun concurso, no Supermartes, a verdade e que estiven moi nervioso pero leveino ben, era unha canción fácil. De feito viña coa opción de participar noutra parte do concurso pero gustoulles a miña voz no casting e tocoume no apartado de canción.

Como te decantaches polo mundo da canción?
Porque me gustou de sempre, de rapaz escoitaba a música na radio e a min gustábame imitalos. Especialmente as cancións que escoitaba meu pai, de cantantes como Rocío Dúrcal, daquela non había internet, tiñamos un magnetofón con cinta e era o que había.

Como levas o de ser policía con ser cantante?
Ben, aínda que son profesións totalmente opostas. No pobo no que estou é pequeno e a xente está moi preto e venme máis como un veciño ao que cando teñen un problema lle piden axuda para solucionalo; son como un amigo. A verdade é que hai unha expectación moi forte, máis do que pensaba.

Martin Reimundez (3)

Martin Reimundez (1)Entón, coñécente pola rúa?
Si, de feito polo meu traballo cando teño que ir notificar algunha obra e vou á casa dalgún veciño sempre me preguntan polo programa.

Que imaxe cres que ten a audiencia de ti?
Polo que me din, unha persoa alegre e sinxela.

Que é o mellor que ten que ter un cantante?
Buf, creo que varias. Humildade, traballo, sacrificio e o don de poder chegar á xente.

Que é o que máis che gusta da túa labor de cantante?
Poder estar diante das cámaras. O primeiro día era unha Martin-Rermudez-tocando-trombonnube na que non sabía onde estaba e cría que me ía quedar grande. Agora vaste acostumando pouquiño a pouco. É unha sensación moi bonita e que non pensei que me ía gustar tanto.

Que consello lle darías á xente que está lendo a túa entrevista e que quere dedicarse á canción?
Principalmente, unha persoa que queira algo de si, que realmente lle guste, que o siga que o final vaino conseguir.

Se queres ver a actuación de Martín Bermúdez no concurso Recanteiros de LUAR prema aquí

 

Por: Silvia Villanueva Villanueva
Publicado o 25 de Outubro do 2013 | 1:06 p.m.

Outros temas de O Recanto de Silvia