David Fanego, recanteiro do Luar da TVG
Comezamos este apartado adicado a artistas musicais con especial atención aos nóveis, a aquelas persoas máis novas que comezan con ilusión a introducirse neste fermoso e apaixoante mundo.
Un viveiro de voces témolo no programa da Televisión de Galicia LUAR, que da man do seu creador Xosé Ramón Gayoso, ven desde hai varios anos sendo un escaparate para as promesas musicais da nos aterra, sendo o concurso “Recantos” un dos máis seguidos e con maior éxito dos últimos anos.
Por iso, centraremos as nosas reportaxesentrevistas, nos mozos e mozas que participan ou participaron no concurso “Recantos” do Luar.
David Fanego nace en Vilalba hai 21 anos e foi elixido como representante da Terra Chá para a edición 2013/14 do programa Recantos do Luar da Televisión de Galicia.
Como comezaches coa idea de ser cantante?
Empecei clases de canto cando tiña 15 anos, pero xa cantaba desde que tiña 4. Vivino desde pequeno da man de miña irmá que cantaba moito, realmente foi quen me meteo o gusanillo, xa que ela non paraba de cantar e eu cada vez tomeino máis en serio e agora cada vez teño máis a idea metida entre “corno e corno”.
Dis que empezaches as clases de canto con 15 anos…
Si, vou a clases de canto a Lugo coa miña profesora Lourdes Santos, e diso xa hai seis anos.
Participaches noutros concursos de canto?
Participei no festival de Ordes e presenteime a varios castings, Operación Triunfo, La Voz, Factor X, pero non me colleron en ningún, tan só cheguei á final de Destino Eurovisión e agora por fin tiven a sorte de entrar en Recantos do Luar.
Como recordas a primeira vez que cantaches diante da xente?
Bufff!!!, foi en parvulitos (risas) estaba cantando subido nunhas escaleiras que había entrando no colexio, e os compañeiros de público. Ese día recordó que cantei “Desátame” de Mónica Naranjo.
Tes xa decidido a que te vas dedicar profesionalmete?
Agora mesmo dedícome só e exclusivamente a cantar. Teño un dúo con miña irmá que se chama “Dúo Estrellas” e estou moi centrado nel. Quero facer as cousas o mellor posible, sei que se me meto en máis cousas ao mesmo tempo non vou facer ben ninguna delas.
Que tipo de música escoitas, e con cal te identificas máis?
Escoito todo tipo de música, pero identifícome máis co Pop, o Dance e as Baladas.
Como te sintes cando a xente te recoñece pola rúa?
Pois a verdade é que ou non me coñecen ou simplemente non me paran. O que si comprobei e que paran a falar con meus pais, pero non comigo (risas), sei que é un pouco raro. Sen embargo, a partir da actuación no Luar empecei a notar que me recoñecen e si que me paran algo máis.
Que imaxe crees que ten a xente de ti, os que te ven na tele?
Buuuffff!!!, igual un pouco de cabra tola (moitas risas), non tato coma miña irmá, porque ela o outro día chamou moitísimo a atención… ti busca os vídeos en internet e xa te das conta. Pois non sei, pero supoño que coma un rapaz agradable e bastante sensible.
Que é o que máis che gusta de ser cantante?
Sobre todo ver que lle gusto á xente
Que consello lle darías aos mozos que están lendo a entrevista?
Se teñen un soño que loiten por cumprilo, sei que son frases típicas, pero pouco a pouco se eres perseverante cada vez vas achegarte máis a ese soño que nunca se debe deixar. Eu presenteime catro veces ao casting, así que creo que son o exemplo claro do que acabo de dicir.