publicidade hoxe
Gaspar Ethan, da orquestra á televisión - Cabecera

Gaspar Ethan, da orquestra á televisión

Gaspar Ethan

Representante de Ourense Sur nos Recantos de Luar, Gaspar Ethan mudou o seu traballo como perruqueiro cara o mundo musical. Con 27 anos, foi aos 16 cando comezou a mostrar as súas dotes vocais en grupos e orquestras.

Extrovertido e moi pouco amigo dos concursos, arriscouse no casting logrando entrar e formar parte dos recanteiros 2013-2014. Asegura que a súa voz non é prodixiosa pero é capaz de interpretar grandes temas. A súa vena musical aflora por parte materna e os seus estilos preferidos van dende as baladas e o pop ata a salsa ou o merengue; aínda que sempre se inclina polos temas cantados en inglés.

A parte da túa participación en Recantos, a que te dedicas no teu día a día?

Realmente dedícome ao mundo da perruquería e a estética, aínda que durante o verán xa levo uns 5 ou 6 anos actuando en orquestras, en grupiños. Da noite á mañá apareceu a oportunidade de participar en Recantos e, aínda que non son moi partidario dos concursos porque non teño unha voz prodixio, probei sorte e entrei.

Pero finalmente entraches,  que supuxo para ti?

Pois un bo paso, realmente cría que me ían dicir un non rotundo, pero alegreime de que me aceptaran.

Cantar en Luar é moi distinto ás actuacións que teño feito con orquestras

Como foi a túa primeira actuación en Luar?

Buf, nerviosísimo, non ten nada que ver con actuar nas orquestras. Os nervios fixéronme non prestarlle a atención correcta á canción. Non saíu como a preparara nin a ensaiara na miña casa. Cheguei ao escenario e esquecín todo, a actuación foi un pouco “fágoa rápido e deprisa para acabar e volver para detrás”.

Que é para ti estar en Recantos?

Unha oportunidade grande, tanto no medio musical como no que realmente estou a comezar a preparar que é o tema da televisión. Quero comezar a facer comunicación audiovisual.

Gaspar EthanQue foi o que te levou a dicir “eu quero cantar”?

Miña nai e miña avoa. Cantaban en vodas e bautizos, sempre animaban e eu participaba con elas. Nunca foi algo que dende bebé cantara, foi máis ben con 8 ou 9 anos cando comecei a querer cantar cancións, apuntábame as letras e aprendía pouco a pouco. Xa con 16 anos comezou a vena artística e ata que a sabía cantar non paraba. Realmente o que me apaixona é a música inglesa, a canción galega e en castelán non é o meu prototipo musical, aínda que as interpreto igual.

Tes algún proxecto musical?

De momento non teño nada pensado, pero espero que ao acabar isto salga algunha oportunidade e plantexarme as cousas doutro xeito, pouco a pouco.

Como o levaron os teus amigos cando lle dixeches que ías a participar en Luar?

Fliparon, porque como saben que non son partidario dos concursos aínda que eles sempre me animaban a que participara nos castings. En “Mar Azul” estiven cun recanteiro do ano pasado, Fran Sotelo, dos seis cantantes foron cinco facer a proba, pero eu quedei na casa, vía cantar como un hobbie. Agora si que o vexo máis profesional, quero centrarme no mundo musical e audiovisual.

A miña faceta musical vén de familia, sempre acompañaba cantando a miña nai e miña avoa

A túa familia como tomou esta vena artística?

Ben, apoiándome moitísimo, meu pai crin que sería o que menos me ía apoiar pero estivo dende o primeiro momento. Demostroume que estaba ao meu carón.

Gaspar EthanQue é o que che gusta facer un domingo pola tarde?

Amigos, café -son adicto ao café- [risas]… sobre todo estar en compañía, a miña parte persoal céntrase no contacto social, para sentirme ben comigo mesmo preciso estar con xente, falar con xente, facer amigos, vou a un ximnasio –fisicamente non estou incrible da morte- pero vou para socializar coa xente, apúntome a cursos de manualidades… o que quero é coñecer xente.

Que foi o que máis che chamou a atención de Luar?

O trato que nos dan. Non nos ven como produtos, son moi humanos con nós, case como se fósemos grandes artistas. Danche todos os servizos que poden, pero fante sentir unha persoa.

Por: Silvia Villanueva Villanueva
Publicado o 14 de Novembro do 2013 | 1:51 p.m.

Outros temas de O Recanto de Silvia