publicidade hoxe
Unha década “Playing Docs” - Cabecera

Unha década “Playing Docs”

PlayA vindeira semana os que gozamos disto que se chama cinema estamos de noraboa. Hai unha década que Tui comezou a acoller o festival Play-Doc; unha cita que xa está máis que consolidada a nivel internacional para o cinema de non ficción.

Botando unha ollada á programación dende o 2 ó 6 de abril, vemos claramente que a organización quere celebrar os seus dez anos por todo o alto. Como invitado estrela, pasará por Tui o realizador mexicano Nicolás Pereda. E é que o festival ten programada unha proxección da súa filmografía: nove títulos cos que o director paseou polos certames de Venecia ou Cannes e que, grazas ó Play-Doc, chegarán a Galicia.

Xunto ó cinema do realizador mexicano, tamén terán especial peso nesta edición os documentais portugueses. O festival e a revista lusa especializada www.acuartaparede.com unirán forzas e proxectarán un ciclo de filmes de non ficción do país veciño: Alvorada Vermelha, É na Terra nao é na Lua e Terra de Ninguém.

Hai alguén capaz de mudar de década sen botar a vista atrás? Pois o Festival Internacional Play-Doc de Tui non é unha excepción. Nesta edición tan especial preparan a proxección dunha selección das películas máis emblemáticas que pasaron pola cita. Aquelas que, ó programalas, axudaron a definir o espíritu do festival: unha aposta pola difusión da cultura e unha importante labor de apoio ós novos talentos. A través dos títulos deste ciclo, poderemos ir dende a II Guerra Mundial, ata o mundo do circo, pasando por vivencias familiares; filmes prácticamente autobiográficos e outros cunha marcada crítica social. Unha proposta moi variada para que os que se achegan ó Play-Doc se poidan facer unha idea sinxela da alma do festival.

Por se fora pouco, os dez anos de historia non son o único motivo de noraboa para esta cita. O Play-Doc ven de ser seleccionado para a programación Best Fest Film Series, polo que o 19 de maio o festival de Tui será o encargado de encher a sala neoiorkina Town Hall. Unha oportunidade que cada ano só teñen dez citas fílmicas internacionais.

Alguén da máis? Todo un luxo.Play Doc

Por: Alba García Vázquez
Publicado o 27 de Marzo do 2014 | 10:20 a.m.