publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Viveiro

Información de Interese Viveiro

Outros teléfonos:

  • Biblioteca:
    982 563 358
  • Información ao Consumidor:
    982 562 668
  • CIM:
    982 562 149
  • Escola Oficial de Idiomas:
    982 551 745
  • Información Turística:
    900 562 258
  • Centro Comarcal:
    982 563 601

Festas:

Os actos relixiosos e paseos procesionais que teñen lugar en Viveiro no transcurso da Semana Santa son das celebracións relixiosas de maior esplendor e espectacularidade de Galicia. Os viveirenses participan activamente nestas conmemoracións e son de destacar os pasos e encontros con imaxes articuladas. A Semana Santa vivairense foi Declarada de Interese Turístico Nacional.

A romaría de san Roque é o 16 de agosto, dentro das festas patronais de Viveiro. Os romeiros soben ao monte do mesmo nome onde se celebra unha festa na lembranza da intercesión do santo polo dano que causou a peste no ano 1598 e por outras desgracias. Isto, xunto coa vista panorámica de toda a ría de Viveiro que se ofrece dende o alto de San Roque, fai que sexa motivo de visita obrigada.

Ao redor do cuarto domingo de agosto e ao longo de catro días consecutivos celébrase, á beira do Landrove, a Romaría de Naseiro. É unha das de máis renome de Galicia e foi declarada en 1967 de Interese Turístico Nacional. É unha festa na que abundan os viños, licores e viandas, xunto cos concertos de música, as agrupacións de gaitas e todo tipo de atraccións que representan a tradición e simbolismo de Galicia.

O primeiro domingo de xullo celébrase no curro de Candaoso, en Boimente, a Rapa das Bestas, tamén declarada de Interese Turístico Nacional en 1977.

O primeiro día e terceiro domingo de cada mes hai feira en Viveiro e os luns, xoves e sábados é o mercado. O segundo domingo de cada mes é a feira de gando en Galdo e o segundo domingo do mes de maio é a Feira das Maulas, tamén en Galdo. Entre os días 14 e 20 de agosto celébrase a Feira de Artesanía Popular Galega en Viveiro.

Teléfonos de interese


Concello:


982 56 01 28


Garda Civil:


982 56 10 39


Policía Municipal:


982 56 29 22


Cruz Vermella:


982 56 22 00


Oficina de Información e Turismo:


982 56 04 86


www.viveiro.es


Máis información [+]