publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Pazos de Borbén

Información de Interese Pazos de Borbén

Festas:

En Nespereira o Carme, en xullo, e santa Teresa, en outubro, o día 14.

En Amoedo o san Amaro, o 15 de xaneiro.

En Pazos celébrase o 15 de agosto santa María, que é a patrona do municipio.

En Borbén honran á Nosa Señora da Branca, o primeiro domingo de agosto, e a Santiago o día 25 de xullo.

Na Ermida é a Festa das Papas o segundo domingo de Pascua.

En Moscoso é a Nosa Señora dos Remedios, o primeiro domingo de xullo, cita indiscutible de todos os veciños, incluídos os emigrantes que acoden á vila todos os anos por estas datas.

En Xunqueiras é a Virxe do Rosario a segunda fin de semana de setembro e san Salvador o día 6 de agosto.

En Cepeda é san Pedro en xuño e santa Lucía o 13 de decembro.

Pero cada ano estase convertendo como cita obrigada para todos os veciños a celebración dos entroidos, que organiza o propio Concello, e o ‘Enterro da Sardiña’.

Ademais, tamén se vén celebrando dende hai tres anos ‘A Noite Meiga‘, no mes de xullo, festival con grupos folclóricos rexionais de toda España que remata a altas horas da madrugada cunha grande queimada.

Teléfonos de interese


Concello:


986 497 035


www.pazosdeborben.org


Máis información [+]