publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Pontenova

Información de Interese A Pontenova

Festas:

Dentro das festas que se celebran na Pontenova hai que falar das patronais, o primeiro domingo do mes de outubro, que coinciden co mercado da Pontenova.

Celebran tamén unha feira extraordinaria e a xa tradicional Queima dos Fornos, espectáculo de carácter pirotécnico. Tamén honran a San Xoán en Rececende e celebran As Neves en Vilameá, As Dores en Vilaoudriz e o Corpus en Vilaouruz.

O 1 de maio é a Festa da Troita, declarada de interese turístico autonómico. É un concurso de pesca de troita de carácter internacional.

Entre as romarías hai que nomear a de San Pedro de Fiz, que se celebra na capela que leva o seu nome, na parroquia de Vilarmide, o primeiro domingo de agosto e a de Nosa Señora de Conforto, que é na igrexa de Conforto o 8 de setembro.

O mercado celébrase na Pontenova un domingo cada quince días, alternando con Meira, e no mes de agosto, o derradeiro domingo do mes, é a Feira de Cans de Caza.

Teléfonos de interese


Concello:


982 342 277


Garda Civil:


982 342 222


Centro de saúde:


982 342 400


Xulgado de Paz:


982 342 277


Taxis:


982 342 136


www.concellodapontenova.org


Máis información [+]