publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Pobra de Trives

Información de Interese A Pobra de Trives

Outros teléfonos:

  • Servizos Sociais:
    988 330 800
  • Parada de Taxis:
    988 330 701
  • Oficina de Correos:
    988 330 752
  • Biblioteca:
    988 330 967
  • Escola Infantil:
    988 330 060
  • CEIP “Manuel Bermúdez Couso”:
    988 330 029

Festas:

Ademais das festas relixiosas e debido á excelente calidade dos produtos deste territorio montañés, o concello celebra saborosas festas relacionadas cos alimentos máis emblemáticos da zona.

Festa do Chourizo. Celébrase no mes de febreiro, os días 2 e 3, coincidindo coas festividades de Candelas e san Brais. Os romeiros prenden gran cantidade de fogatas dispostas para asar os típicos chourizos da zona.

Festa da Bica. A bica é un postre típico da Pobra de Trives moi apreciado no resto de Galicia. No cume de Cabeza Grande faise o 28 de xullo unha comida campestre con empanadas, polbo e unha deliciosa bica como remate do xantar. Amenizan a festa grupos de gaiteiros, concursos de muiñeiras e carreiras de cabalos.

Dentro das numerosas celebracións relixiosas, as festas patronais en honor a santo Cristo e a Dolorosa, os días 13, 14 e 15 de setembro, son as máis destacadas.

A festa de san Bartolomeu celébrase a última semana de agosto e coincidindo con estas festas organízanse exposicións, convencións de artesanía, pintura e fotografía.

Teléfonos de interese


Concello:


988 330 000


Oficina de Turismo:


988 330 010


Farmacias:


988 330 186 / 988 330 052


Garda Civil:


988 337 019


Centro de Saúde:


988 330 026


Xulgado:


988 337 083


Residencia 3ª Idade:


988332220 / 988 332 218


www.apobradetrives.es


Máis información [+]