publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
A Coruña

Información de Interese A Coruña

Festas:

A Coruña é unha cidade que ten diversión todo o ano. Comeza no inverno co entroido, de longa tradición, que alegra a cidade cos ‘choqueiros’, ‘apropósitos’ e ‘comparsas’.

Na primavera celebra as cacharelas de San Xoán e no verán as festas de María Pita, que son as que máis animan aos coruñeses.

E dentro dun longo verán festeiro destacan algúns acontecementos específicos coma a renovación da función do voto á Virxe do Rosario, en agradecemento á liberación do asedio inglés en 1589; a Semana Grande, co Trofeo Teresa Herrera, a competición futbolística máis antiga de España e coa Romaría Galega.

Pero as festas dunha maior tradición histórica son as do Rosario, que teñen como escenario a cidade vella e que son no outono.

Outras procesións son a da Nosa Señora das Dores, o 22 de marzo; a de Santa Gema, o 14 de maio e o último fin de semana de agosto a romaría de Santa Margarida, que ten lugar no parque do mesmo nome, con concursos gastronómicos de empanadas.

Teléfonos de interese


Concello:


981 184 200


Bombeiros:


981 184 343


Cruz Vermella:


981 221 000 / 981 222 222


Policía Local:


981 241 100


Policía Autonómica:


981 153 410


Policía Nacional:


981 166 300


Xefatura Superior de Tráfico:


981 288 422


Garda Civil de Tráfico:


981 637 455


Protección Civil:


981 220 102


www.coruna.es


www.turismocoruna.com


Máis información [+]