A acentuación (II)
O ACENTO DIACRÍTICO: O acento diacrítico emprégase simplemente para diferenciar dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita (homógrafas) pero que se diferencian por teren diferente significado ou ben que a vogal tónica posúe timbre diferente.
Á (prep. “a” + art. “a”; substantivo) |
A (preposición; pron, persoal; artigo |
ÁS (prep. “a” + art. “as”; substantivo) |
AS (artigo; pron. persoal) |
BÓLA (substantivo “esfera”) |
BOLA (substantivo “peza de pan”) |
CÁ (conxunción “ca” + artigo “a”) |
CA (conxunción) |
CÁS (conxunción “ca” + artigo “as”) |
CAS (preposición “á casa de; na casa de”) |
CHÁ (“plana”) |
CHA (pron. persoal “che” + pron. persoal “a”) |
CHÁS (“planas”) |
CHAS (pron. persoal “che” + pron. persoal “as”) |
CÓ (conxunción “ca” + artigo “o”) |
CO (preposición “con” + artigo “o”) |
CÓS (conxunción “ca” + artigo “os”) |
COS (preposición “con” + artigo “os”) |
CÓMPRE (“é necesario”) |
COMPRE (pres. subx. verbo “comprar”) |
CÓMPREN (“son necesarios/-as”) |
COMPREN (pres. subx. verbo “comprar”) |
DÁ (pres. indic./imperativo verbo “dar”) |
DA (preposición “de” + artigo “a”) |
DÁS (pres. de indic. verbo “dar”) |
DAS (preposición “de” + artigo “as”) |
DÓ (“compaixón, dor…”) |
DO (preposición “de” + artigo “o”) |
É (pres. indic. verbo “ser”) |
E (conxunción) |
FÓRA (adverbio) |
FORA (pluscuamperfecto verbos “ser” ou “ir”) |
MÁ(S) (“mala,-s” “daniña,-s”…) |
MA(S) (pron. pers. “me” + pron. pers. “a/as”) |
MÁIS (adverbio) |
MAIS (conxunción) |
NÓ (“atadura”) |
NO (preposición “en” + artigo “o”) |
NÓS (“nosoutros”, “ataduras”) |
NOS (pron. pers. átono; prep. “en” + art. “os”) |
Ó(S) (preposición “a” + artigo “o/os”) |
O(S) (artigo: pronome persoal) |
ÓSO (compoñente do esqueleto) |
OSO (animal plantígrado) |
PÉ (parte terminal dunha perna) |
PE (denominación de letra) |
PÓLA (unha rama) |
POLA (unha galiña pequena; prep. “por” + art. “a”) |
PÓR (verbo “poñer”) |
POR (preposición) |
PRÉSA (“apuro”) |
PRESA (“canle de auga”, “presada”) |
SÉ (imp. verbo “ser”/“sede eclesiástica”) |
SE (conxunción; pronome persoal) |
SÓ (“soamente”, “único”… |
SO (preposición “debaixo de” |
TÉ (“infusión”) |
TE (nome de letra; pronome persoal) |
VÉN (presente indic, verbo “vir”) |
VEN (presente indic, de “ver” / imperativo de “vir”) |
VÉS (presente verbo indic. “vir”) |
VEN (presente indic. verbo “ver”) |
VÓS (“vosoutros”) |
VOS (pronome persoal átono) |
Outros casos especiais de acentuación:
Cando unha forma verbal leva pronomes persoais enclíticos ou a variante alomórfica do artigo canto á acentuación compórtase como se se tratase dunha soa palabra.
Exemplos:
– andaras + o = andáralo
– andarás + o = andaralo
– andaras o camiño = andára-lo camiño
– andarás o camiño = andara-lo camiño
Con todo, temos que dicir que esta regra non se aplicará cando se trate dunha forma verbal que leve acento diacrítico xa que este acento hai que indicalo sempre.
Exemplos:
– éche interesante
– vénlle moi grande
Os adverbios rematados en -MENTE xamais levarán acento debido a que son palabras graves rematadas en vogal.
Exemplos:
– facilmente, utilmente
As formas cal, cando, canto, como, onde, que e quen non levan acento gráfico cando introducen unha oración interrogativa ou exclamativa directa.
Exemplos:
– que che dixeron?
– cantas mercaches?
Soamente levarán acento gráfico naquelas frases interrogativas nas que puider haber un equívoco na comprensión.
Exemplos:
– pregúntalle que quere
– dille qué queres / dille que queres
Fraseoloxía:
*”Arder coa présa” (Ter moito apuro)
*”Estar nos ósos” (Estar demasiado delgado)
*”Andar / estar en bólas” (Andar / estar espido)
*”Pórlle unha aquela a algo” (Indicar algún defecto)
*”Pórlle o rabo ás cereixas” (Dicir a última palabra)
*”Fóra a alma” (Expresión empregada para comparar unha persoa cun animal)
Refraneiro: *”Come máis unha xeada de febreiro cós burros do Reino” *”Dálle Dios barbas a quen non ten queixadas” *”Des que vén o cuco, vén o pan ó suco” *”No mes de febreiro co cu no mesote e os pés no braseiro” *”Vale máis o frío da noite cá calor da mañá” *”Non hai peor cuña cá do mesmo pau” |