Os numerais
Os numerais son aquelas formas que expresan unha cantidade definida e exacta e que teñen un número como base. Esta cantidade definida é o que os diferencia dos cuantificadores vistos no tema anterior. Soemos falar de cinco tipos de numerais: “Cardinais”, “Ordinais”, “Multiplicativos”, “Partitivos” e “Colectivos”.
Numerais cardinais
Serán aqueles que presenten unha cantidade exacta. As formas son as seguintes:
1 |
Un / Unha |
2 |
Dous / Dúas |
3 |
Tres |
4 |
Catro |
5 |
Cinco |
6 |
Seis |
7 |
Sete |
8 |
Oito |
9 |
Nove |
10 |
Dez |
11 |
Once |
12 |
Doce |
13 |
Trece |
14 |
Catorce |
15 |
Quince |
16 |
Dezaseis |
17 |
Dezasete |
18 |
Dezaoito |
19 |
Dezanove |
20 |
Vinte |
21 |
Vinte e un/unha |
30 |
Trinta |
31 |
Trinta e un/unha |
40 |
Corenta |
50 |
Cincuenta |
60 |
Sesenta |
70 |
Setenta |
80 |
Oitenta |
90 |
Noventa |
100 |
Cen |
101 |
Cento un/unha |
102 |
Cento dous/dúas |
200 |
Douscentos/Duascentas |
201 |
Douscentos un/Duascentas unha |
300 |
Trescentos/Trescentas |
400 |
Catrocentos/Catrocentas |
500 |
Cincocentos/Cincocentas Quiñentos/Quiñentas |
600 |
Seiscentos/Seiscentas |
700 |
Setecentos/Setecentas |
800 |
Oitocentos/Oitocentas |
900 |
Novecentos/Novecentas |
1000 |
Mil |
Exemplos:
–Ao final os rapaces terminaron por amañar vinte e dúas martabelas / Trouxeron dezaseis mirasoles / Mercaron cincocentas/quiñentas palometas para a voda / Naquel rabaño había uns dez garañóns…
Numerais ordinais
Son aquelas formas que indican unha orde exacta nunha serie numerábel. As formas son as seguintes:
1 |
Primeiro(s) / Primeira(s) |
2 |
Segundo(s) / Segunda(s) |
3 |
Terceiro(s) / Terceira (s) |
4 |
Cuarto(s) / Cuarta(s) |
5 |
Quinto(s) / Quinta(s) |
6 |
Sexto(s) / Sexta(s) |
7 |
Sétimo(s) / Sétima(s) |
8 |
Oitavo(s) / Oitava(s) |
9 |
Noveno(s) / Novena(s) Nono(s) / Nona(s) |
10 |
Décimo(s) / Décima(s) |
11 |
Undécimo(s) / Undécima(s) Décimo primeiro(s) / Décimo primeira(s) |
12 |
Duodécimo(s) / Duodécima(s) Décimo segundo(s) / Décimo segunda(s) |
13 |
Décimo terceiro(s) / Décimo terceira(s) |
14 |
Décimo cuarto(s) / Décimo cuarta(s) |
15 |
Décimo quinto(s) / Décimo quinta(s) |
16 |
Décimo sexto(s) / Décimo sexta(s) |
17 |
Décimo sétimo(s) / Décimo sétima(s) |
18 |
Décimo oitavo(s) / Décimo oitava(s) |
19 |
Décimo noveno(s) / Décimo novena(s) Décimo nono(s) / Décimo nona(s) |
20 |
Vixésimo(s) / Vixésima(s) |
21 |
Vixésimo primeiro(s) / Vixésimo primeira(s) |
30 |
Trixésimo(s) / Trixésima(s) |
40 |
Cuadraxésimo(s) / Cuadraxésima(s) |
50 |
Quincuaxésimo(s) / Quincuaxésima(s) |
60 |
Sesaxésimo(s) / Sesaxésima(s) |
70 |
Septuaxésimo(s) / Septuaxésima(s) |
80 |
Octoxésimo(s) / Octoxésima(s) |
90 |
Nonaxésimo(s) / Nonaxésima(s) |
100 |
Centésimo(s) / Centésima(s) |
1000 |
Milésimo(s) / Milésima(s) |
1000000 |
millonésimo(s) / Millonésima(s) |
Exemplos:
–Xa era a oitava macela que tomaba ese día / non parou até que lle ensinaron a décimo sétima marabilla que viña nas guías turísticas…
Numerais multiplicativos
Serán aqueles que indican un aumento en relación a determinada cantidade nun número exacto multiplicador. As formas son as seguintes:
2 |
Dobre(s), Duplo(s) / dupla(s) |
3 |
Triplo(s) / tripla(s) |
4 |
Cuádruplo(s) / cuádrupla(s) |
5 |
Quíntuplo(s) / quíntupla(s) |
6 |
Séxtuplo(s) / séxtupla(s) |
7 |
Séptuplo(s) / séptupla(s) |
8 |
Óctuplo(s) / óctupla(s) |
9 |
Nónuplo(s) / nónupla(s) |
10 |
Décuplo(s) / décupla(s) |
11 |
Undécuplo(s) / undécupla |
12 |
Duodécuplo(s) / duodécupla(s) |
100 |
Céntuplo(s) / céntupla(s) |
Exemplos:
–Tiveron que coller o triplo de miñocas que o ano pasado / non parou até acadar o óctuplo de riquezas…
Numerais partitivos
Expresan un número exacto de veces en relación a unha determinada cantidade. As formas son as seguintes:
1/2 |
Medio / media |
1/3 |
Terzo / terza; terceiro / terceira |
1/4 |
Cuarto / cuarta |
1/5 |
Quinto / quinta |
1/6 |
Sexto / sexta |
1/7 |
Sétimo / sétima |
1/8 |
Oitavo / oitava |
1/9 |
Noveno / novena |
1/10 |
Décimo / décima |
1/11 |
Onceavo / onceava |
1/12 |
Doceavo / doceava |
1/100 |
Centésimo / centésima |
1/1000 |
Milésimo / milésima |
1/1000000 |
Millonésimo / millonésima |
Cómpre dicirmos que a partir de 1/11 (exceptuando 1/100, 1/1000 2 1/1000000) as formas do partitivo formaranse engadindo ao cardinal o sufixo -AVO(S) (vinteavo / vinteava…)
Exemplos:
–Fora a gañadora da oitava olimpíada que se celebrara / chegou á meta de onceava…
Numerais colectivos
Este tipo de numerais indicaranos unha cantidade precisa -coma os cardinais- pero tomadas como conxunto. A verdade é que soen ser substantivos que na maior parte dos casos van seguidos da preposición “de”. As formas máis empregadas son:
2 |
Par(es), parella(s), dúo(s), dueto(s)… |
3 |
Trío(s), terceto(s)… |
4 |
Cuarteto(s), cuarteta(s) |
5 |
Quinteto(s), quintilla(s), lustro(s) |
10 |
Decena(s), década(s), decenio(s) |
12 |
Ducia(s) |
15 |
Quincena(s) |
20 |
Vintena(s) |
30 |
Trintena(s) |
40 |
Corentena(s) |
100 |
Centena(s), cento(s), centuria(s), século(s) |
1000 |
Milleiro(s), millar(es) |
Exemplos:
–Tráeme do súper unha ducia de ollomoles / xa che hai un lustro dende que comezou a traballar…
Fraseoloxía
*”Estar a monte” (que unha persoa está mal educada ou que un terreo está abandonado)
*”Ser/estar dereito coma unha fouce” (ter corcova, andar torcido/-a…)
*”Bailar coma unha buxaina” (bailar moi ben)
*”Deitar coma unha cesta” (non gardar un segredo)
*”Ser longo/a coma un día sen pan” (ser moi alta/o)
*”Ser pesado/a coma o chumbo” (ser unha persoa moi molesta, cargosa…)
Refraneiro *”A verdade non che ten máis ca un camiño” *”Auga en agosto, nin bo nabo nin bo magosto” *”Faga sol, faga vento, cada cousa no seu tempo” *”Ata que non morre a besta non se sabe de quen son os aparellos” *”Na casa do carpinteiro sentarse no chan” *”Quen vive sen conta, morre sen honra” |