
O alfabeto galego
O alfabeto galego está formado por 23 letras (vogais e consoantes) así como tamén contamos con seis dígrafos (conxunto de dúas letras que representan un só son).
A continuación indicamos as diferentes letras acompañadas do nome co que se coñecen así como con exemplos de cada unha:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Letra |
Nome |
Exemplo |
|
a |
a |
Abritar |
|
b |
be |
Berce |
|
c |
ce |
Carqueixa |
|
d |
de |
Donicela |
|
e |
e |
Estadullo |
|
f |
efe |
Freira |
|
g |
gue |
Ganduxo |
|
h |
hache |
Hedra |
|
i |
i |
Iate |
|
l |
ele |
Larpeiro |
|
m |
eme |
Manteiga |
|
n |
ene |
Nespereira |
|
ñ |
eñe |
Ñáñaras |
|
o |
o |
Ódega |
|
p |
pe |
Prebe |
|
q |
que |
Quenda |
|
r |
erre |
Ravo |
|
s |
ese |
Sebo |
|
t |
te |
Trompo |
|
u |
u |
Ufar |
|
v |
uve |
Vagalume |
|
x |
xe |
Xeada |
|
z |
zeta |
Zafra |
En canto aos dígrafos, posuímos os seguintes:
|
Dígrafo |
Nome |
Exemplo |
|
ch |
ce hache |
Chícharo |
|
gu |
gue u |
Guedella |
|
ll |
ele dobre |
Allada |
|
nh |
ene hache |
Algunha |
|
qu |
que u |
Queiroga |
|
rr |
erre dobre |
Carricanta |
Fraseoloxía:
*”Ir un frío que treme a carqueixa “, “Ir un frío que queima” (Ir moito frío)
*”Encargar o berce antes que o rapaz”, “Poñer o carro diante dos bois” (Actuar dunha maneira ilóxica)
*“Saír máis caro o prebe có peixe” (Que algo non sae moi rendíbel)
*“Talmente semella que tragou un estadullo” (Dise dunha persoa que anda moi tesa ou ben que lle custa baixar o lombo para traballar)
*“Darlle ao tarabelo” (Falar decotío, abondo)
*“Caer na allada” (Dise dunha persoa que foi enganada) “Estar na allada” (Estar implicado en algo)
*“Estar alegre coma unha carricanta” (Estar moi alegre)
|
Refraneiro: *“Frades, freiras e ameixeiras… lonxe das miñas leiras.” *”Xeada no mollado, auga de contado.” *”A friaxe de febreiro é amiga do lobo larpeiro.” *”A veiga e a manteiga, a bondade ten á beira.” *”Almorzo cedo cría carne e sebo. Almorzo tarde, nin sebo nin carne.” *”Por San Martiño, trompos ó camiño; por San Román, trompos na man e por San Amaro trompos ó faiado.” |




















