publicidade hoxe
O pronome persoal (I) - Cabecera

O pronome persoal (I)

Formas do pronome persoal

PERSOA

Suxeito

Complemento Directo

Complemento Indirecto

Formas con preposición

1ª Singular

eu

me

me

min (comigo)

2ª Singular

ti / vostede

te

che

ti (contigo), vostede

3ª Singular

el / ela

o / a
lo / la
no / na
se

lle
se

el / ela, si (consigo)

1ª Plural

nós / nosoutros, -as

nos

nos

nós / nosoutros, -as (connosco)

2ª Plural

vós /vosoutros, -as, vostedes

vos

vos

vós / vosoutros, -as (convosco), vostedes

3ª Plural

eles / elas

os / as
los / las
nos / nas
se

lles
se

eles / elas, si (consigo)

1. As formas VOSTEDE e VOSTEDES son formas empregadas para a cortesía.

2. Canto ás formas NÓS, NOSOUTROS ou VÓS, VOSOUTROS, podemos empregalas indistintamente aínda que na lingua falada predomine sempre a primeira debido á economía da linguaxe.

3. As formas de Complemento Directo LO / LA e LOS / LAS soamente serán empregadas pegadas a unha forma verbal que remate por -R ou por -S. Tamén se vai empregar tras o adverbio U.

albarizaExemplos:

Xenxo, o cancelo está aberto; vai acaravillalo
Na man dereita teño un abelorio, quérelo?
-Viñemos a este pobo por vermos unha alvariza. Ulas?

4. As formas do Complemento Directo NO / NA e NOS / NAS soamente serán empregadas tras unha forma verbal que remate por ditongo.

Exemplo:

-Non lle viña ben ese día e daquela adiouno.

5. As formas con preposición EL / ELA e ELES / ELAS contraen obrigatoriamente coas preposicións EN e DE.

 

EL

ELA

ELES

ELAS

EN

nel

nela

neles

nelas

DE

del

dela

deles

delas

Contracción de dous pronomes persoais (C.D. e C. I.)

En galego contraen todas as formas do Complemento Indirecto coas formas de Complemento Directo de 3ª persoa singular e plural -exceptuando as formas do reflexivo-.

 

ME

CHE

LLE

NOS

VOS

LLES

O

mo

cho

llo

nolo

volo

llelo

A

ma

cha

lla

nola

vola

llela

OS

mos

chos

llos

nolos

volos

llelos

AS

mas

chas

llas

nolas

volas

llelas

Teremos que pór sumo coidado no emprego da contracción de LLE e LLES coas formas O / A / OS / AS debido a que, como na maior parte do espazo galego falante se soe empregar soamente LLE, daquela tamén se fai a contracción con esta forma do singular, tanto para singular coma para plural.

Exemplos:

feixons
peixe-sapo
parrocha

-Se nos mandasen substituír os complementos por pronomes persoais na seguinte frase: merca uns feixóns para a avoa, como “uns feixóns” é masculino plural sería substituído por OS e “para a avoa” como é terceira persoa do singular sería substituído por LLE, polo que a frase quedaría: Mércallos.

-Se a frase fose: merca uns feixóns para as avoas neste caso “para as avoas” sería terceira persoa do plural polo que se substituiría por LLES e quedaría así: Mércallelos.

Igual que os exemplos anteriores:

Mercade un peixe sapo para os invitados = mercádellelo
-Mercade unhas parrochas para Helena = mercádellas
-Conseguín un barquín para o ferreiro = conseguinllo
-Conseguín unhas buganvíleas para as xardineiras = conseguínllelas

O pronome de solidariedade

Trátase dunhas formas do pronome persoal que empregamos, especialmente na lingua falada, para facermos partícipe ao interlocutor ou interlocutores. A súa presenza ou ausencia non implica alteración no contido do enunciado polo que podemos empregalo ou non e o enunciado mantén a súa unidade.

As formas van depender de dúas circunstancias: de se temos un ou máis dun interlocutor e se o tratamento que lle damos é de cortesía ou non.

As formas son as seguintes:

 

Un interlocutor

Varios interlocutores

Tratamento de TI

CHE

VOS

Tratamento de VOSTEDE

LLE

LLES

Desde logo que o máis empregado vai ser o CHE, por razóns obvias de interlocución.

Exemplos:

-non che me doe a cabeza / xa che mo dixo…
-évos interesante esta película…
-non lle é moi evidente a importancia diso…
-élles ben bo ese produto…

Fraseoloxía:

*”Ter unha boca coma unha rabada” (non gardar segredo ningún)

*”Non poder coa alma” (estar moi canso/-a)

*”Pedir o corpo algo” (que che apetece algo)

*”Ter mans de araña” (que che caen as cousas da man)

*”Ser coñecido/-a coma a ruda” (ser moi coñecido/-a)

*”Saír dun souto e meterse noutro” (Seguir mal ou empeorar)

Refraneiro:

*”A muller e a loba do máis feo se namora”

*”Á porta do rezador non poñas o trigo ó sol”

*”A vella que soubo vivir, gardou pan para maio e leña para abril”

*”Aceite, viño e amigo, mellor canto máis antigo”

*”Antes de casar, ten casa en que morar, terras en que traballar e viñas en que podar”

*”Febreiro quente trae o demo no ventre”

 logo nosa escrita

Por: Carlos Loureiro Rodríguez
Publicado o 29 de Xaneiro do 2015 | 11:38 a.m.