publicidade hoxe

Concellos de

Coruña, A
Lugo
Ourense
Pontevedra
Arbo

Información de Interese Arbo

Festas:

En todas as parroquias de Arbo existen numerosas festas e romarías. En febreiro, o día 3, celébrase a festa de San Brais en Cabeiras; en marzo a de San Bieito en Arbo e en setembro, o 8, honran á Nosa Señora do Libramento.

Outras festas son as gastronómicas, como a da lamprea, en Arbo, que ten lugar o terceiro domingo de abril. Nela pódese degustar a lamprea cociñada de varias maneiras.

Tamén hai que falar da Festa da Augardente, que se celebra o terceiro domingo de agosto como homenaxe a este derivado do viño e aos vellos aguardenteiros que aínda traballan de forma artesanal.

O 1 de agosto é a romaría de San Fins, en Cabeiras, concentrándose no lugar milleiros de persoas para venerar o santo e para gozar dun bo xantar e de sensacionais vistas panorámicas.

Teléfonos de interese


Concello:


986 665 000


Garda Civil:


986 665 084


Correos:


986 665 050


Xulgado de Paz:


986 665 078


Taxis:


986 665 647


www.concellodearbo.org


Máis información [+]