publicidade hoxe
Despois do verán, volta a coidarse - Cabecera

Despois do verán, volta a coidarse

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Aínda que cando se achega o verán todos facemos propósito de coidarnos e portarnos ben, a realidade é a que é; os amigos, os chiringuitos, as comidas que se xuntan coa cea e esas sobremesas largas que dan para tomar copas e picar toda a tarde na mellor compañía.

Se a isto lle sumamos os xeados, canas, refrescos, bocadillos, etc, temos a combinación gañadora para gañar uns quiliños demais que agora toca quitarse de enriba. Non te preocupes que en pouco tempo ímolo lograr e ademais, “que che quiten o bailao”, a estación estival está para iso, para pasalo ben e recargar as pilas para o frío que se aveciña.

O primeiro que debes facer é saber a qué te enfrontas. Calcula o teu grao de sobrepeso e porcentaxe de graxa co noso configurador de dietas gratuíto.

Despois debes sentarte e expor obxectivos reais e concretos, segue estes consellos e recupera os bos hábitos:

1. Crea un plan de acción: menús, rutinas de exercicio con días e horarios.

2. Pon unha data límite para alcanzar os teus obxectivos.

3. Pon frases de motivación por toda a casa.

4. Coloca un fondo de pantalla motivador “Levanta o traseiro e móvete!!.

5. Atopa un compañeiro/a para baixar de peso e/ou saír a correr ou ao ximnasio.

6. Demóstrate que podes lograr todo o que te propoñas.

7. Refórzate positivamente cando vaias alcanzando as metas de cada etapa. Non te culpes nin te castigues por un mal día, pois os remorsos engordan porque aumentan a tensión!!!

tapper 2Proba a ir andando ou en bicicleta ao traballo, se vas en bus, podes baixarte un par de paradas antes, para comezar o día queimando calorías.

Cóntalle aos teus amigos e familia que decidiches mellorar os teus hábitos alimentarios, eles axudaranche no caso de que apareza a debilidade e terán en conta a túa situación no caso de que haxa comidas ou ceas.

Fai a táboa de tonificación muscular que só che levará 5 minutos cada día, para activar o teu metabolismo e adelgazar con máis facilidade.
Recupera a normalidade nos horarios de comidas e soño, isto axudarache a que os bos hábitos se instalen máis facilmente.

Necesitas un pouco de axuda para preparar receitas saudables de tupper? neste post dámosche ideas.

Lembra facer os teus tentempés de media mañá e merenda para equilibrar o teu apetito e favorecer a queima dos depósitos de graxa, estes deben conter proteína, graxa favorable e hidratos de carbono. O máis sinxelo é unha loncha de pavo, unha noz e unha froita de tempada.

horasSe te notas canso/a, non abuses do café, té ou Coca Cola para mellorar a túa concentración, pois a curto prazo actívante pero despois descárgante de enerxía e favorecen a acumulación de graxa. Lembra que para hidratar tanto o teu corpo como o teu cerebro o mellor é que bebas auga e infusións.

Podes descargarte gratis a nosa app que che axudará con trucos de motivación, o bailódromo dirache cantas calorías consumes facendo exercicio, e por que non, bailando. Poderás consultar os teus menús na palma da man. Non o penses máis, únete ao movemento Coher!

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 28 de Setembro do 2015 | 10:59 a.m.