Enfrontarse ao estrinximento
Dra. en Farmacia |
O estrinximento é un indicador do teu funcionamento inmunitario e do teu grao de intoxicación. Debes aumentar o consumo de auga, de alimentos integrais e ricos en fibra.
É moi importante repoboar a flora intestinal pois as bacterias ouprobióticas que forman a flora intestinal transforman os hidratos de carbono solubles en acedos graxos de cadea curta que estimulan a función das células epiteliais do intestino (enterocitos). Para iso convén aumentar o consumo de alimentos prebióticos, que favorecen a función dos probióticos: espárragos, espinacas, remolacha, queixo de cabra, mazá rallada, cebola e aceite de oliva de primeira presión en frío.
– Levántate co tempo suficiente para almorzar tranquilo.
– Incrementa o consumo de auga fóra das comidas.
– Aumenta a inxesta de vitamina C en forma de cítricos e kiwi no almorzo e fibra (froita fresca con pel, verduras e hortalizas, froitos secos, produtos integrais, legumes…).
– Evita o exceso de sal e de graxas.
Establece un horario fixo de 5-6 comidas, tendo en conta:
– En todas as comidas debe haber: proteína, graxa e hidratos de carbono.
– Tres comidas principais e dous/tres tentempés.
– Come amodo e mastica ben.
– Non deixes pasar máis dunha hora, desde que te levantas sen almorzar.
– Non deixes pasar máis de 4-5 horas entre comidas.
– Se pasan máis de 3 horas desde a cea á hora de deitarte, debes tomar un snack (tipo media mañá ou merenda).
Estas recomendacións seranche de gran axuda:
-Toma un vaso de auga tépeda con 2-3 gotiñas de limón antes de almorzar, xa que predispón ao baleirado intestinal e estimula a vesícula. Ademais é de gran axuda para restablecer o equilibrio acedo base. A dieta occidental é moi acidificante, e con frecuencia provoca cansazo, palidez, dor de cabeza, altibaixos emocionais, contracturas musculares, caries, caída de cabelo e uñas quebradizas. O acedo cítrico do limón diluído, xera un tampón citrato de carácter alcalinizante.
-Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.
-Practica exercicio moderado polo menos un pouco máis do habitual. 40 minutos de camiñada ao día.
-Bebe de 1,5-2 litros de auga ao día. Mellor fóra das comidas.
-A preparación dos alimentos é mellor á prancha, cocidos, ao vapor, forno…. Evita preparacións culinarias que incorporan moita graxa: fritos, guisos, empanados, potaxes, etc.
-Podes condimentar a comida (limón, vinagre, especias, pementa…) para dar sabor aos pratos.
-Toma tres días á semana este caldo depurativo.
-Vai ao baño todos os días á mesma hora.
-Dáte masaxes en círculo no ventre para activar o peristaltismo.
MASAXE VÁLVULA ILEOCECAL: comunica IDE e IG, moitas veces encállase e queda aberta ou pechada xerando dor intestinal. Coloca o pulgar no embigo e o dedo meñique sobre a crista ilíaca, os tres dedos centrais caen cara ao medio, onde se atopa o apéndice. Con eses tres dedos masaxear 10 veces cara ao ombreiro esquerdo. |
Seguindo estes consellos levaralo moito mellor, pero se necesitas unha dieta personalizada en Dieta Coherente estamos para axudarche.Lembra que podes baixar a nosa app gratis para levar toda a información da túa dieta online no peto.
NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade. Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate. Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta. Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno. |