publicidade hoxe
Eliminar toxinas despois das festas - Cabecera

Eliminar toxinas despois das festas

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Os excesos navideños fan estragos no teu corpo. Xeran radicais libres que aceleran o envellecemento e o exceso de calorías convértese en quilos de máis e sobrecarga de toxinas. Os síntomas da acumulación de toxinas son: cansazo, ouriña mais escura, pel apagada, acidez, gases, malas dixestións, estrinximento, mal alento…

Estamos na época do ano perfecta para eliminar toxinas e establecer novos hábitos alimentarios e de exercicio, que te axuden a perder eses quilos de graxa e activar as funcións de eliminación a través do fígado, riles, suor e sistema linfático. Realiza esta cura depurativa e verás que ben che senta.

Para perder peso e reducir volume, debes beber a lo menos 2 litros de auga para asegurar a combustión dos depósitos de graxa e a eliminación de toxinas.

As dietas a base de zumes, caldos ou as monodietas son moi monótonas e perigosas pois debido ao seu carácter tan hipocalórico, reducen a velocidade do metabolismo para sempre facendo que se engorde con máis facilidade. Este efecto téñeno todas as dietas milagre, xeran moita frustración pois recupéranse os Kg perdidos ao volver aos hábitos alimentarios orixinais e cada vez costa máis adelgazar e manter o peso ideal.

verdeOs Green Smoothies ou batidos verdes son unha alternativa máis saudable que os zumes xa que manteñen toda a fibra dos vexetais. O seu sabor é delicioso e aportan vitaminas, minerais, enzimas vivas e clorofila nun só vaso.

Podes utilizar distintas follas verdes como: leitugas, acelgas, coliflor, col rizada, verza, grelos, endivias, espinacas, follas de remolacha, follas de cenoria, follas de apio, pirixel, alfábega, coandro, etc.

Como almorzo ou tentempé debes engadirlle proteína e graxa favorable (froitos secos ou sementes) para que sexa equilibrado nutricionalmente.

Para depurar o teu corpo podes aumentar o consumo de froitas (piña, kiwi, cítricos) e hortalizas frescas e á prancha (espárragos, legumes), carnes brancas (polo e pavo), cereais integrais e evita os alimentos doces, graxas e alimentos procesados así como as carnes vermellas.

Toma un vaso de auga morna con 2-3 gotiñas de limón antes de almorzar para regular o pH e así fortalecer pel, cabelo, unllas, e evitar enfermidades carenciais coma caries, osteoporose, anemias, etc.

Toma durante 15 días unha cunca deste caldo depurativo antes da cea. Axudará ao teu fígado e vesícula a desintoxicarte. Ferve en 2 litros de auga sen sal e mantén a fogo lento 40 minutos: media leituga, 2 porros, 2 cenorias, 1 cabaciña pequena, 1 rama de apio, 2 nabos, medio repolo verde, tomiño, loureiro e estragón. Cólao e resérvao na neveira. Podes utilizar as verduras para cremas ou purés para os xantares.

bascula-nadalBebe ao menos 1,5 litros de auga. Empeza o día cun vaso de auga con 2-3 gotiñas de limón para equilibrar o pH e estimular o fígado e a vesícula. A auga ao longo do día pode ser tamén en forma de caldos, infusións dixestivas ou depurativas, a base de alcachofa, cardo mariano, boldo, dente de león, té verde, etc.

Ao comezo do ano debemos aproveitar a motivación cara os novos propósitos para enfocarnos no obxectivo de coidar o noso corpo cunha Dieta Coherente que fortaleza as defensas, a vitalidade e axude a reducir a graxa corporal e manter un peso adecuado.

O exercicio é tamén importante, tanto cardiovascular coma a tonificación muscular, tan só necesitas 20 minutos ao día, e se non tes tempo de ires a un ximnasio, podes facelo na casa como describimos nos nosos libros.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 8 de Xaneiro do 2015 | 7:58 p.m.