
Snacks saudables para a oficina
Dra. en Farmacia |
Cando estás a seguir unha dieta para baixar de peso ou para mellorar a túa saúde, xa sabes que son tan importantes as comidas principais coma os tentempés, lembra que debes comer cada 4 horas para regular o nivel de azucre en sangue, manter o teu apetito a raia e reducir a acumulación de calorías en forma de graxa, o mecanismo natural de supervivencia cando inxires menos calorías das necesarias.
Propóñoche os 6 mellores snacks para a oficina segundo as túas necesidades:
1- Para mellorar a túa concentración
Ex1-Bocadillo vexetal de atún ou salmón, polo seu contido en omega-3, ácidos graxos poliinsaturados que melloran o rendemento intelectual e a concentración. As noces tamén son moi recomendables, así como os cítricos e non esquezas que tamén hai que repoñer líquidos.
Ex2-Mandarinas, salmón afumado e dúas noces.
Podes acompañar ambos exemplos cun té verde ou branco, que son as variedades menos excitantes pero máis antioxidantes para combater a fatiga mental e manter os teus miolos en forma.
2- Se tomaches unha comida moi light (ensalada, por exemplo) e tes fame a media tarde
Bocadillo de pan integral, xamón serrano, tomate restregado e aceite. O aceite de oliva é moi saciante e o pan integral aporta hidratos de carbono de liberación lenta e fibra que equilibran o teu apetito. Ademais o xamón serrano polo seu contido en proteínas retarda a absorción dos hidratos de carbono do pan e do tomate.
3- Se estás estresado, tes ansiedade e precisas calmarte
Son moi interesantes as combinacións de alimentos ricos en Triptófano, o precursor da Serotonina, que é calmante, sube o ánimo e axuda a conciliar o sono, ademais podes acompañar o tentempé cunha infusión tranquilizante que leve Tila, Pasiflora, Herba Luisa, Melisa, Espino Blanco, Valeriana…
Ex1.-Plátano+1 rebanda de pavo+5 Améndoas
Ex2.-Bocadilliño de aguacate e ovo
Os alimentos ricos en Magnesio tamén son moi relaxantes, polo que podes engadir algún lácteo desnatado ou froitos secos como xa recomendamos.
4-Se tes ganas de doce, en concreto de chocolate
Neste caso toma alimentos ricos en triptófano (leite, queixo, kiwi, plátano, aguacate, froitos secos, pavo e polo).
Engade canela ao teu café ou infusión para axudar a regular os picos de azucre en sangue e “domar” o teu apetito polo doce.
5-Para non engordar
O mellor tentempé a calquera hora é o que denominamos “Bandexa Antifame”: unha peza de froita de tempada, unha rebanda de friame magro e 2-5 froitos secos. Podes facer ata tres destes tentempés se sentes apetito ao longo da xornada laboral ou se se vai alongar a comida ou a cea dende o tentempé de media mañá ou media tarde. O ideal é comer cada 4-5 horas.
6-Necesitas facer un descanso
Ás veces cres que tes fame, pero o que necesitas realmente é facer un descanso. Este é o momento de parar e tomar un tentempé que aporte enerxía extra. Proba os Green Smoothies (batidos verdes), bombas de enerxía e nutrientes con moi poucas calorías que podes levar preparados:
• Aportan un extra de enerxía. • Equilibran o teu apetito xa que un vaso de batido verde sacia moito. • Axudan a consumir verduras verdes crúas, a mellor maneira de aproveitar todos os seus nutrientes. • Aportan ferro e melloran a túa pel. • Son depurativos, o estómago dixíreos facilmente e reducen o estrinximento. • Axúdante a adelgazar rápido. • Podes ver as diferentes receitas nos posts de Dieta Coherente. |
Lembra que non se trata de contar as calorías, se non que en cada snack haxa proteína, hidratos de carbono de baixa carga glucémica e graxas favorables (aceite de oliva, froitos secos ou aguacate, por exemplo). Se queres perder peso, é máis efectivo activar o teu metabolismo que reducir as calorías da dieta.
Canto máis rápido sexa o teu metabolismo, máis fácil será manterte no teu peso ideal. A velocidade do metabolismo está moi relacionada coa masa muscular polo que non te esquezas de incluír PROTEÍNA en todos os teus snacks.
Non o penses máis, únete ao movemento Coher!
NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade. Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate. Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta. Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno. |