publicidade hoxe
Beneficios do pan integral - Cabecera

Beneficios do pan integral

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

O almidón dos cereais, en especial dos integrais e dos legumes transfórmase lentamente en glicosa no intestino, sen provocar un aumento brusco da glicosa en sangue, nin de insulina. A insulina é unha hormona segregada polas células beta do páncreas en función do equilibrio existente entre os hidratos de carbono e as proteínas de cada comida.

O procesado do alimento aumenta o seu índice glucémico, así pois canto máis branco sexa o pan ou cociñemos demasiado a pasta ou o arroz máis se estimula a secreción de insulina por parte do páncreas. Por iso recomendamos pan integral ou de sementes e como en Italia, o consumo da pasta e o arroz “al dente”.

A maior cantidade de fibra, o alimento engorda menos pois ao elevar menos a glucemia, ten menor efecto sobre a insulina e xera menos sobrepeso e acumulación de graxa. Ademais o pan integral  é máis saciante polo que reduce a inxestión doutros alimentos calóricos equilibrando o balance enerxético da dieta e favorecendo un peso máis saudable.

Ás persoas diabéticas convenlles consumir pan integral en lugar do refinado, polo seu índice glucémico  máis baixo que reduce a frecuencia de picos de glicosa en sangue.

A fibra axuda a reducir o colesterol e os triglicéridos polo que tamén mellora o prognóstico das enfermidades cardiovasculares.

Os gastroenterólogos tamén recomendan o pan integral porque favorece unha mellor masticación  pola súa estrutura máis crocante, evitando a acumulación de gases ao tragar a comida sen mastigar correctamente. Este feito tamén facilita unha dixestión máis produtiva.

A fibra do pan integral favorece o tránsito intestinal xa que aumenta o volume das feces e estimula o movemento intestinal (peristaltismo).

Os odontólogos prefiren tamén o pan integral polo seu carácter menos pegañento que o pan de molde, así, provoca menos carie, polo que é a opción de elección para os bocadillos de nenos e adultos.

pan-integralO consumo de fibra relacionouse cunha menor incidencia de cancro de colon porque favorece a formación de butirato un composto que rexenera as células do intestino groso e activa o sistema inmune intestinal. Ademais a fibra do pan integral “adsorbe” sustancias carcinóxenas que entran en contacto co corpo a través da alimentación.

O pan integral mantén máis compostos antioxidantes que as variedades refinadas polo que prevén o envellecemento prematuro e mellora a saúde de pel e mucosas.

Consumir pan integral antes de realizar exercicio incrementa o rendemento físicoe o consumo de calorías derivado da actividade física.

 

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 31 de Xullo do 2015 | 11:22 a.m.