10 cambios de hábitos para adelgazar
Dra. en Farmacia |
NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade. Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate. Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta. Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno. |
Se pensas que pórse a dieta é sacrificarse e renunciar a todo o que che gusta, é máis que probable que o teu intento fracase. Por iso ímosche a deixar 9 consellos cos que adelgazar dunha maneira sinxela modificando algúns dos teus hábitos.
1- Os horarios son importantes: debes comer 5 veces ao día, procurar facelo á mesma hora, sentar e tomarte o teu tempo para que a comida che renda.
2- Comida caseira: comendo o que máis che gusta e pondo agarimo nos pratos que preparas será máis fácil facer dieta. Recupera o costume de ir ao mercado e cociñar ti mesmo, esta comida é máis sa e está menos procesada. Se te has de saltar a dieta con algo doce é mellor que sexa algo caseiro que levará menos graxas trans.
3- Apoia os cubertos no prato e mastiga: a sensación de saciedade tarda entre 15 e 30 minutos en chegar ao teu cerebro, así que se comes amodo apoiando os cubertos mentres mastigas, gañas tempo para que este sinal chegue ao seu destino. Procura mastigar moito a comida, isto tamén axuda a que te sintas cheo antes.
4- Mindfulness: mentres comas non fagas outra cousa, nin tele, nin ler, oír música, etc. Todo isto dispersa a túa mente e comerás tan rápido que non te darás conta do que comiches, nin da cantidade, nin de se estaba bo, doce, salgado…? Pon presenza no que fas, saborea e goza do momento.
5- Cubertos grandes e prato pequeno: é unha cuestión psicolóxica pero parece que te enches antes e tes a sensación de que comes máis se pos a mesma ración nun prato pequeno. Os cubertos grandes encheranche máis a boca e parece que comes máis cantidade.
6- Evita as comidas de tapas ou picoteo: este estilo de comida non te axuda, non sabes moi ben o que comiches nin en que cantidade e é fácil que te excedas. Para perder peso é mellor que comas un prato principal, que leas a carta e vexas que é o que mellor se adapta á túa dieta.
7- Coñeces as túas fortalezas e debilidades? É importante coñecerse a un mesmo, todos temos debilidades pero hai que aprender a controlalas, por exemplo se te perde o doce, déixao para un día especial ou ponte un tope antes de empezar a comer (só unha onza de chocolate, un pedaciño pequeno de torta, un par de culleriñas de xeado) Tira das túas fortalezas (forza de vontade, motivación, gañas de conseguir un reto) para manter baixo control as debilidades.
8- Fame física ou emocional: antes de empezar a comer cando che entra a fame, analiza a túa situación: estás triste?Ansioso?Enfadado?Comiches hai pouco? Todas estas preguntas diranche se a túa fame é física ou emocional e poderás actuar en consecuencia.
9- Algo terá a auga cando a bendín: beber auga axúdache a evitar a fame xa que é saciante e é a mellor maneira de manter o teu organismo hidratado. Debes beber ao día ao redor de 2 litros de auga que son como 8 vasos. O primeiro xa é o que tes que tomar en xaxún coas gotiñas de limón e lembra que tamén podes tomar infusións e caldos que che axudarán a completar a inxestión de líquidos.
10- Reduce o estres. A tensión emocional ou o estres laboral provocan ansiedade, que non axudarán en nada a que baixes de peso, porque activan o apetito por doce e a acumulación de graxa. Segue estes trucos para reducir estres