publicidade hoxe
Cinco factores que fan fracasar a túa dieta - Cabecera

Cinco factores que fan fracasar a túa dieta

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

As primeiras horas ao comezar unha dieta son estupendas, sénteste animado, cunha sensación de que podes con todo, cres que esta vez é a definitiva e que ninguén te vai parar. Velo tan claro, que xa te visualizas con ese pantalón que fai tempo que non che entra ou con aquel bañador que che encantaba e que fai un par de veráns que non o podes por. Entón, que pasa, que fai que fracases unha e outra vez? En Dieta coherente querémoste axudar a descubrir os 5 factores que fan fracasar a túa dieta:

1. Decidiches poñerte ti a dieta ou vícheste obrigado (pola túa parella, familiares, amigos…)? Un dos meirandes erros é iniciar o proceso sen pleno convencemento. Podes estar moi decidido a baixar de peso tras un comentario pouco agraciado nunha reunión cun grupo de coñecidos, pero iso non é máis que o resultado dun enfado ou frustración, non dunha verdadeira motivación. Non deixes que a presión externa te poida e tómate un tempo para decidir comezar unha dieta; é o que realmente queres?

2. Cando estás estresado ou tiveches algún problema, estás desexando chegar a túa casa e comer esa torta de chocolate que tanto che gusta? Ás veces confundimos as emocións coa fame e solventamos os nosos problemas comendo, casualmente, produtos con alto contido calórico. O motivo polo que desexas tanto esa torta é porque dende que eras pequeno, acostumas a comer chocolate cando estás baixo de ánimo ou sempre celebras algo tomando unhas cervexas cos teus amigos. Así, os teus miolos asociaron as túas respostas emocionais coa comida. O primeiro paso será que identifiques cando comes con fame ou cando o fas para aliviar unha emoción para poder mudar este mal hábito. Ademais, se identificas esas situacións con momentos de estrés, axuda o exercicio físico ou algunha técnica de relaxación.

http://www.dreamstime.com/-image110500943.Formulácheste uns obxectivos demasiado ambiciosos ou pouco realistas?. Ás veces fas todo ben, segues a dieta, fas deporte, pero aínda así non consegues entrar no vestido da voda do pasado verán. Cando tomes a decisión de baixar de peso, tes que formulalo como unha carreira de fondo, se queres perder moito peso, é mellor que o planifiques con tempo e que vaias introducindo cambios graduais nos teus hábitos alimentarios e de actividade física.

4. Ollo aos antollos. Non serías humano se despois de anos sucumbindo, deixases de telos por arte de maxia. É normal que recaias. O truco está na moderación. Non pasa nada se un día comes un pouco de chocolate, pero o que non debes facer é comer unha libra do tirón, ponte un límite antes de comezar, dúas pastillas, un biscoito…:non se trata dun todo ou nada.

balanza5. Esquécete da culpa. Xa tes o chocolate na túa boca pero comezas a sentirte mal porque non te puideches resistir… Pois non o fagas, lembra: ERES HUMANO, así que non te martirices. Aproveita ese momento, saboréao e gózao todo o que poidas. Os remordementos tamén engordan. O que debes facer é recuperar os bos hábitos o antes posible, o teu corpo non te culpabiliza por un exceso senón polo balance de toda a semana.

Levar unha Dieta Coherente é doado, non tes máis que decidirte e verás cómo aprender a comer ben, cunha dieta sá e equilibrada fará que te sintas mellor contigo mesmo. Se tes algunha pregunta non dubides en deixar un comentario e o noso Nutricionista Online axudarate. Tanto se necesitas unha dieta para adelgazar como se que queres aprender a comer ben, Dieta Coherente é o teu método. Non o penses máis, únete ao movemento Coher!

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 7 de Maio do 2015 | 11:20 a.m.