publicidade hoxe
Baixar 2 quilos nunha semana - Cabecera

Baixar 2 quilos nunha semana

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

Estamos xa en xuño, as comuñóns e vodas tocan á porta e queremos entrar no vestido do ano pasado. As présas sempre son malas conselleiras así que che damos a solución para baixar dous quilos de forma sinxela e rápida pero sen arriscar a túa saúde.

Cando empezas unha dieta para perder peso, é importante que os primeiros días diminúas volume e quilos para que a túa motivación se dispare e collas forzas para conseguir o teu obxectivo. Se queres saber como adelgazar nunha semana dous quilos cunha dieta sa e fácil, estás a ler o post indicado.

Os alicerces básicos para adelgazar dous quilos nunha semana e tamén para alcanzar e manter o peso ideal, son o seguimento dunha dieta equilibrada, a práctica moderada de exercicio e levar unha vida o máis relaxada posible. A tensión engorda xa que moitas veces faite comer de maneira compulsiva sen saber realmente se a túa fame é física ou emocional. Para isto propoñémosche o Reto Coherente: perder peso en función da graxa corporal e que os resultados se manteñan no tempo. 

dieta 2 quilos bCando reduces o teu consumo de calorías, o teu corpo recorre ás súas reservas de glucóxeno hepático e muscular, converténdoas en glicosa e enerxía. Como o glucóxeno está en base acuosa, prodúcese unha importante perda de líquidos nos primeiros días de calquera dieta, pero se a túa dieta está ben deseñada, enseguida comeza a queimar os depósitos de graxa (lipolisis). 

Para estimular a perda de graxa debes seguir o noso método para evitar o efecto rebote das Dietas milagre, estas dietas xeran perda de peso en función do músculo e auga e sempre teñen efecto rebote. 

A Dieta Coherente permíteche adelgazar 2 kg a primeira semana porque equilibra a hormona insulina e a ansiedade. É abundante en hidratos de carbono de baixa carga glucémica e moderada en proteínas, polo que é fácil de seguir e enseguida notas que o teu apetito está saciado.

En Dieta Coherente temos máis de 15 anos de experiencia, o noso método baséase na reeducación dos hábitos alimentarios e a combinación estratéxica dos alimentos. Miles de persoas seguen a nosa dieta online.

dieta 2 quilosÉ unha Dieta sa que che axuda a manter a túa vida social. O teu Nutricionista online deseña a túa dieta personalizada e responde as túas dúbidas por correo electrónico, teléfono ou chat. Este coaching por nutricionistas axudarache nos momentos de baixón con trucos e tips de motivación. 

Ponte nas nosas mans e verás como consegues adelgazar nunha semana de maneira rápida e segura, ensinarémosche a comer e a modificar os teus hábitos para empezar con bo pé un proceso de perda de peso definitivo.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 5 de Xuño do 2015 | 12:16 p.m.