publicidade hoxe
Dieta Coherente para controlar o ácido úrico - Cabecera

Dieta Coherente para controlar o ácido úrico

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

O ácido úrico é unha sustancia que se forma a partir das purinas dos alimentos. As purinas son necesarias para rexenerar as células do organismo, o seu exceso elimínase por ouriña en forma de ácido úrico. Cando se acumula ácido úrico en sangue, o organismo envía o exceso lonxe do corazón, acumulándose nas extremidades (dedos de pés e mans) en forma de “tofos” xerando moita dor, o que se coñece como ataque de gota. Outra consecuencia da hiperuricemia é a cristalización do ácido úrico xerando ”pedras” no ril.

É necesario regular o pH da ouriña e ter en conta a influencia da alimentación e da medicación que se estea tomado. Canto máis ácida estea a ouriña (menor pH) eliminarase menos ácido úrico, aumentando a su concentración en sangue.

Debes comer máis alimentos que alcalinicen a ouriña e reducir os que a acidifican ou conteñen purinas (carnes vermellas, fígado, vísceras, peixe azul, cervexa e viño). As legumes teñen un contido moderado, polo que debes consumilas unha vez por semana.

Certos alimentos, aínda que non conteñen purinas, favorecen a acumulación de ácido úrico e os ataques de gota: fritos, produtos azucrados, fariñas brancas, caldos concentrados, produtos con fermentos, edulcorantes artificiais, bebidas carbonatadas, porco, chocolate, pan branco, arroz branco, vinagre, tabaco.

É moi importante que bebas de 1,5 a 2 litros de auga ao día e que tomes no almorzo 1 vaso de auga morna cunhas gotiñas de limón durante toda a vida, para neutralizar a hiperacidez do medio interno, que acelera a formación de cálculos e toma 1 culler de bicarbonato 2 veces á semana, sobre todo se tomas fármacos uricosúricos (que aumenta a eliminación de ácido úrico pola ouriña).

Debes reducir ou suprimir as bebidas alcohólicas xa que incrementan a produción de ácido úrico e de triglicéridos. Un 75% das persoas con gota teñen os triglicéridos altos. No te excedas no consumo de graxas, xa que reducen a excreción de suratos pola ouriña e poden favorecer a formación de cálculos de ril.

TABLA: Tolerancia alimentaria en hiperuricemia

RECOMENDADOS

(Libres de purinas)

PERMITIDOS

(RACIÓN 100 g)

DESACONSELLADOS

Froitas (melón, mango, papaia, plátano, mazá doce)

Cereais integrais (trigo, arroz, pan, pasta, quinoa)

Féculas e hortalizas (pataca, xudías verdes, porros, cenorias, cabaciña, allo, apio, cogombro)

Leite e queixo fresco

Leite de avea

Brotes alfalfa

Algas (agar agar, kelp)

Aceite de oliva virxe extra

Carnes brancas (polo, pato) e carnes vermellas (tenreira)

Pescado branco (linguado, pescada, galo, congro, robaliza)

Ovos (3/ semana)

Chícharos, coles, tomates, setas

Legumes secas

Froitos secos

Café, té

Marisco, porco, pavo, caza e vísceras

Sazóns (arenques, sardiñas, anchoas, troita, carpa, lucio, salmón, bacallau)

Cereais refinados.

Graxas animais: queixos, embutidos, salsas, nata, manteiga, touciño, porco

Verduras ricas en purinas (espinacas, acelga, coliflor, espárragos, setas, champiñóns, ravos)

Caldos de carne ou pescado en cubiños

Cacao, chocolate e té negro.

Alcohol e bebidas con gas

Debes seguir un horario fixo de 5-6 comidas, pois o xaxún prolongado tamén incrementa o ácido úrico en sangue:

– En todas as comidas debe haber: proteína, graxa e hidratos de carbono.

– Tres comidas principais e dous/tres tentempés.

– Non deixes pasar máis dunha hora, desde que te levantas sen almorzar.

– No deixes pasar máis de 4-5 horas entre comidas.

– Se pasan máis de 3 horas desde a cea á hora de deitarte, debes tomar un tentempé (tipo media mañá ou merenda).

Activa a túa Enerxía Vital coa Dieta Coherente. Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.

Almorzo:

Café / té vermello con bebida de avea (edulcorar con stevia ou sucralosa), 3 racións de graxa favorable (1 ración = 1 noz = 3 abelás ou améndoas = 5 cacahuetes = 6 pistachos = 1/3 culler aceite oliva = 3 olivas = 1/4 aguacate) e elixe unha opción:

– 1 pan amb tumaca e unha peza de froita-20 g pan integral, 1 rebanda de tomate, 1 culler de aceite e 1 rebanda xamón serrano- (sen froitos secos).

– Dous roliños de xamón ou pavo, 2 pezas de froita.

– Unha tostada con marmelada sen azucre (nin manteiga) e unha rebanda de xamón cocido.

– 1 ovo revolto.

Media Mañá:

Unha peza de froita, unha noz e 1 rebanda de xamón serrano, queixo ou xamón cocido.
Bocadilliño de friame magro ou salmón.

Comida: regra do prato

– 1/3 do prato de proteína favorable: peixe –branco ou azul- ou carne magra/tenreira/polo/pavo/claras).

– 2/3 do prato de HC favorables: guarnición: verdura, ensalada, minestra, caldo/puré vexetal.

– Graxas insaturadas: 1 culler aceite de oliva = 3 noces = 9 abelás ou améndoas = 15 cacahuetes = 18 pistachos = 1/2 aguacate = 9 olivas).

*HC menos favorables (pan, pasta, arroz, patacas, cereais, plátano, pasas, uvas, cenoria, remolacha, cabaza, millo, SÓ 1/3, INTEGRAIS, “al dente” e non mesturar).

Merenda

Igual que a media mañá.

Cea: regra do prato ou outras opcións

– Ensalada coherente:

> 1/3 prato de proteína: tacos xamón cocido, tacos de polo á prancha, atún en conserva (cristal), queixo burgos, sardiniñas, ovo cocido, salmón, etc.

> 2/3 de HC: mestura de leitugas (mellor amargas e de folla pequena), cebola, tomate, cenoria, apio, froitas de temporada, etc.

> Graxa favorable: 3 noces, ½ aguacate, 9 olivas ou aceite de oliva para o aliño.

– Revolto de algas, espárragos, atún, etc. Froita de sobremesa. Sándwich vexetal: xamón, queixo, leituga, tomate, cebola, espárragos, cenoria, etc. (untar cunha culler de aceite).

Toma durante 15 días unha cunca deste caldo depurativo antes da cea. Ferve en 2 litros de auga sen sal e mantén a fogo lento 40 minutos: media leituga, 2 porros, 2 cenorias, 1 cabaciña pequena, 1 rama de apio, 2 nabos, medio repolo verde, tomiño, loureiro e estragón. Cólao e resérvao na neveira. Podes utilizar as verduras para cremas ou purés para os xantares.

Se estás a sufrir unha crise aguda de gota debes consumir alimentos libres de purinas e moderar o consumo de azucre, mel, marmeladas, graxas, fritos, rebozados, empanados, guisos, estufados e o alcohol. Cando remita a crise leva a cabo unha alimentación variada e equilibrada, para reducir as probabilidades dun novo ataque de gota.

Se queres adelgazar é conveniente que te poñas nas mans dun nutricionista pois moitas dietas proteinadas ou mal deseñadas aumentan os corpos cetónicos en sangue, que acidifican a ouriña e compiten co ácido úrico para a su eliminación.

Suplementos

– Homeosor Drenaline max: para desintoxicar o organismo, estimular o fígado e a vesícula, mellorar as dixestións e queimar os depósitos de graxa. Tamén axuda a controlar o colesterol e triglicéridos, 2 tapóns en litro e medio de auga e ir bebendo ao longo da mañá, durante 14-28 días.

– Ergybase: 2 cápsulas/día, fóra das comidas durante un mes. Regula o equilibrio ácido base.

Afirmación positiva

Repítea conscientemente tres veces ao espertarte e tres veces antes de durmir: os demais non están equivocados, todos somos diferentes. Reláxome e dou libertade aos meus seres queridos.

Este sinxelo aceno, é moi eficaz para cambiar a maneira de reaccionar ante o día a día. Esta terapia denomínase Programación Neurolingüística.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 26 de Decembro do 2014 | 12:39 p.m.