
Sobremesas saudables para O Nadal
Dra. en Farmacia |
NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade. Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate. Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta. Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno. |
Con tantas comidas, ceas e compromisos sociais a túa Dieta para perder peso corre perigo. Deixámosche unhas receitas de sobremesas ricas e sas para Nadal e comidas especiais coas que poderás gozar dunha boa sobremesa sen que che pese moito.
XELATINA DE FROITOS VERMELLOS
Ingredientes: 1 paquete de xelatina de amorodo ou framboesa Preparación: En primeiro lugar, confecciona a xelatina de fresa seguindo as instrucións do paquete. Verte un pouco nun molde con forma de coroa, engade os amorodos e deixa endurecer na neveira uns minutos. Bota outra capa de xelatina de limón e incorpóralle as grosellas. Volve meter na neveira uns minutos para endurecer esta segunda capa e así sucesivamente até completar o molde. Conserva na neveira até o momento de servir. Para desmoldalo, mergulla o molde en auga quente uns instantes. |
OVOS MOLE
Este é un prato moi típico no receitario canario, o seu resultado sorprende pola sinxeleza dos seus ingredientes. O seu achegar proteico é moi recomendable para nenos, adolescentes, embarazadas e deportistas. É frecuente que nos sobren claras ao confeccionar sobremesas polo que esta é unha alternativa para a súa utilización.
2 claras Preparación: Separa as claras das xemas, pon o leite a ferver coa poliña de canela e a metade do azucre (20g aprox.) removendo ata que se disolva. Mentres se quenta o leite, bate as claras a piques de neve e cando estean montadas, engade o resto do azucre aos poucos. Cando comece a ferver o leite, incorpora o merengue sobre o leite coa axuda dun sacabolas de xeado ou a culleradas en forma de copos e deixa cocer uns segundos. Retíraos cunha espumadeira, colócaos enriba dun prato con canela e déixaos arrefriar. Presentación: O ideal é conservar os copos de merengue na neveira para servilos fríos e espolvorear e decorar cun pouco de canela no momento de servilos. |
SORBETE DE LIMÓN AO CAVA
Ingredientes: 250 g de xeado de limón Preparación: Nunha batedora de vaso potente ou na Thermomix coloca os cubiños de xeo co xeado de limón e o cava. Programa 30 segundos, velocidade 5 e despois 2 minutos, aumentando a velocidade. Se ves que che queda líquida, agrega máis xeos e volve a triturar. Serve inmediatamente, decorado cunhas follas de menta. |
SORBETE DE LIMA-LIMÓN
3 limóns medianos Preparación: Nunha batedora de vaso potente coloca o azucre coa pel de medio limón totalmente limpa de partes brancas e pulveriza até formar unha pasta. A continuación, coloca os limóns e a lima pelados completamente, sen pebidas e sen a pel branca, xunto cos cubiños de xeo e tritura até obter unha crema homoxénea. Se tes a Thermomix programa 30 segundos, velocidade 5 e despois, 2 minutos, velocidade progresiva 5-10. Se che queda líquida, agrega máis xeos e volve a triturar en velocidade progresiva. Serve inmediatamente. Podes engadir diferentes licores e augardentes para darlle un toque diferente (ron, xenebra, albariño, cava). |
SORBETE DE PIÑA CON MACEDONIA XEADA
Ingredientes: 300 g de piña Preparación: Tritura a polpa da piña ata que quede un puré. Mestura o azucre coa auga nun cazo e coce cinco minutos até formar un xarope lixeiro. Retira do lume o xarope, engade o zume de limón, o zume de laranxa e deixa que se arrefríe. Mestura o xarope co puré de piña e tritura o conxunto ata que quede unha crema homoxénea. Verte esta crema nun recipente ancho para que se conxele canto antes e deixa que repouse no conxelador. Remove a mestura cun garfo ou culler cada 30 minutos durante dúas horas e logo deixa que se conxele en textura de granizado ou sorbete. Bate o cava co granizado de piña até formar unha crema xeada e serve nunhas copas de macedonia. Podes decorar con follas de menta ou de hierbabuena. |