publicidade hoxe
Ventre plano - Cabecera

Ventre plano

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición 
https://tienda.dietacoherente.com/

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Xa chegou a primavera e neste post recompilamos varios consellos sobre como eliminar graxa abdominal para que chegues ao verán lucindo un ventre plano. Contar calorías xa é historia, restrinxir un grupo de alimentos está demostrado que non é saudable e provoca ansiedade. Non caias nas dietas de moda que fan que perdas peso a expensas de perder líquidos en lugar de reducir a túa graxa corporal. Estas dietas milagre, modificarán o teu metabolismo, o organismo adaptarase ao consumo de menos calorías e obterá enerxía de calquera alimento, o que xerará efecto rebote. Segue unha dieta equilibrada para evitalo e estes consellos sobre como eliminar graxa abdominal e, cun pouco de disciplina, lograrás mellorar os teus hábitos.

limonAntes de almorzar bebe un vaso de auga morna con 2-3 pingas de limón. Axuda a depurar o organismo e predispón ao baleirado intestinal. Axudarache a alcalinizar o teu organismo. Unha dieta alcalina axuda a previr moitas enfermidades, ademais de protexer os depósitos de minerais almacenados nos ósos, glóbulos vermellos, unllas, pelo, etc.

Fai 4 ou 5 comidas ao día. Non te saltes ningunha. Isto axudarache a non chegar á comida ou á cea con tanta fame e evitarás picotear entre horas.

Os tres Si: Debes almorzar antes de que pase unha hora desde que te levantaches. Debes comer cada 4 ou 5 horas como máximo. Debes comer só un tipo de féculas na mesma comida (pasta, arroz, patacas ou pan.

+ fibra: as froitas, as verduras frescas e os cereais integrais (pan, arroz, pasta) achegan vitaminas e minerais antioxidantes e melloran o tránsito intestinal. O arroz e a pasta engordan menos se están “al dente”. Come 3 pezas de froita ao día en almorzo, media mañá e na merenda. Evita os zumes, liberan o azucre máis rápido ao sangue, sacian menos e engordan máis.

Toma este caldo depurativo  cada noite, coado, para axudar a eliminar toxinas e reducir a retención de líquidos. As verduras pódelas aproveitar para outra comida, en crema ou puré. Inclúe alimentos diuréticos na túa dieta como a piña, apio, berros e cóengos.

Aumenta o consumo de graxas favorables con alimentos como aceite de oliva virxe extra, peixe azul e froitos secos. Evita as graxas saturadas (touciño, manteiga…) e trans (margarina, snacks, precociñados, bollería…).

Coida os métodos culinarios. Cociña ao vapor, fervido, á prancha ou ao forno. Evita os fritos, os rebozados, estufados e salsas (maionesa, ketchup…).

Bebe de 1,5  a 2 litros de auga (auga, infusións, té verde, caldo…) Axudarache a transportar e a eliminar os residuos metabólicos.

Evita o azucre e os doces que disparan os niveis de insulina e fan que se almacene graxa con facilidade. Reduce os edulcorantes,  pois o organismo reacciona hormonalmente de forma semellante a cando tomas azucre.

Evita os refrescos mesmo light ou zero. Aínda que non achegan calorías fan que o corpo almacene graxa con facilidade polo seu efecto sobre a insulina.

Evita as bebidas alcohólicas. Son calorías baleiras (non achegan nutrientes)  que se almacenan en forma de graxa.

vientreplanoCome con calma. Non comas de pé nin mentres fas outra cousa (ver a tele, o móbil, o computador…). Comerás máis do que necesitas porque o cerebro non enviará a tempo a sensación de saciedade. É importante mastigar ben para evitar malas dixestións e gases.

Planifica as compras no supermercado. Evita comprar bollería e doces, se non os tes na casa, evitarás a tentación de comelos nun momento de debilidade. Non vaias á compra con fame, fai unha lista co que necesitas e non te apartes dela.

Respecta as horas de sono. Durmir menos de 6 horas ou máis de 8 horas libera un exceso da hormona cortisol que favorece o almacenamento de graxa abdominal.

Móvete. Se queres resultados duradeiros, a dieta por si soa non é suficiente. Fai exercicio aeróbico (camiñar, andar en bicicleta, nadar…) 30-45 minutos polo menos 3 veces por semana e  exercicios de tonificación muscular. A actividade física queima calorías, tonifica e osixena o organismo, regula os niveis de colesterol, diminuíndo o malo (LDL) e aumentando o bo (HDL), reduce a tensión, relaxa ao liberar endorfinas.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 11 de Abril do 2016 | 12:42 p.m.

Outros temas de Nutricoach