publicidade hoxe
Enfrontarse ao estrinximento - Cabecera

Enfrontarse ao estrinximento

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

O estrinximento é un indicador do teu funcionamento inmunitario e do teu grao de intoxicación. Debes aumentar o consumo de auga, de alimentos integrais e ricos en fibra.

É moi importante repoboar a flora intestinal pois as bacterias ouprobióticas que forman a flora intestinal transforman os hidratos de carbono solubles en acedos graxos de cadea curta que estimulan a función das células epiteliais do intestino (enterocitos). Para iso convén aumentar o consumo de alimentos prebióticos, que favorecen a función dos probióticos: espárragos, espinacas, remolacha, queixo de cabra, mazá rallada, cebola e aceite de oliva de primeira presión en frío.

- Levántate co tempo suficiente para almorzar tranquilo.

- Incrementa o consumo de auga fóra das comidas.

- Aumenta a inxesta de vitamina C en forma de cítricos e kiwi no almorzo e  fibra (froita fresca con pel, verduras e hortalizas, froitos secos, produtos integrais, legumes…).

- Evita o exceso de sal e de graxas.

Establece un horario fixo de 5-6 comidas, tendo en conta:

- En todas as comidas debe haber: proteína, graxa e hidratos de carbono.

- Tres comidas principais e dous/tres tentempés.

- Come amodo e mastica ben.

- Non deixes pasar máis dunha hora, desde que te levantas sen almorzar.

- Non deixes pasar máis de 4-5 horas entre comidas.

- Se pasan máis de 3 horas desde a cea á hora de deitarte, debes tomar un snack (tipo media mañá ou merenda).

Estas recomendacións seranche de gran axuda:

gotas-limon-Toma un vaso de auga tépeda con 2-3 gotiñas de limón antes de almorzar, xa que predispón ao baleirado intestinal e estimula a vesícula. Ademais é de gran axuda para restablecer o equilibrio acedo base. A dieta occidental é moi acidificante, e con frecuencia provoca cansazo, palidez, dor de cabeza, altibaixos emocionais, contracturas musculares, caries, caída de cabelo e uñas quebradizas. O acedo cítrico do limón diluído, xera un tampón citrato de carácter alcalinizante.

-Non mestures féculas na mesma comida: pan, pasta, arroz, patacas, plátano, millo, remolacha, cabaza.

-Practica exercicio moderado polo menos un pouco máis do habitual. 40 minutos de camiñada ao día.

-Bebe de 1,5-2 litros de auga ao día. Mellor fóra das comidas.

-A preparación dos alimentos é mellor á prancha, cocidos, ao vapor, forno…. Evita preparacións culinarias que incorporan moita graxa: fritos, guisos, empanados, potaxes, etc.

-Podes condimentar a comida (limón, vinagre, especias, pementa…) para dar sabor aos pratos.

-Toma tres días á semana este caldo depurativo.

-Vai ao baño todos os días á mesma hora.

-Dáte masaxes en círculo no ventre para activar o peristaltismo.

masaxe-valvulaMASAXE VÁLVULA ILEOCECAL: comunica IDE e IG, moitas veces encállase e queda aberta ou pechada xerando dor intestinal. Coloca o pulgar no embigo e o dedo meñique sobre a crista ilíaca, os tres dedos centrais caen cara ao medio, onde se atopa o apéndice. Con eses tres dedos masaxear 10 veces cara ao ombreiro esquerdo.

Seguindo estes consellos levaralo moito mellor, pero se necesitas unha dieta personalizada en Dieta Coherente estamos para axudarche.Lembra que podes baixar a nosa app gratis para levar toda a información da túa dieta online no peto.

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Nome e apelido*

Idade* Peso* Altura* Concello*

O teu email *

A túa consulta

 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 21 de Outubro do 2015 | 11:53 a.m.