publicidade hoxe
Dieta Detox tralo Nadal - Cabecera

Dieta Detox tralo Nadal

amil-lopezAmil López Viéitez

Dra. en Farmacia
Especialista en Nutrición www.dietacoherente.com

NutriCoach: espazo de reflexión sobre os efectos dunha dieta sá e equilibrada na mellora da saúde e a vitalidade.

Envíanos as túas consultas e a nosa especialista en nutrición, Amil López, axudarate.

Poderás consultar nesta mesma sección as respostas á túa pregunta.

Os datos persoais que nos facilites permanecerán ocultos, empregándoos unicamente de xeito interno.

Que é o que máis lamentamos en nutrición no Nadal?

Os excesos do Nadal fan estragos no teu corpo. Xeran radicais libres que aceleran o envellecemento e o exceso de calorías convértese en quilos de máis e sobrecarga de toxinas.

Os síntomas da acumulación de toxinas son: cansazo, ouriños máis escuros, pel apagada, acidez, gases, malas dixestións, estrinximento, mal alento…

É recomendable facer unha dieta de desintoxicación?

Estamos na época do ano perfecta para eliminar toxinas e establecer novos hábitos alimentarios e de exercicio, que che axuden a perder eses quilos de graxa e activar as funcións de eliminación a través de fígado, riles, suor e sistema linfático.

Cales son as bases dunha dieta detox saudable?

Propóñoche unha combinación estratéxica de alimentos durante 15 días para perder uns 3-4 kg e reducir volume. Bebe polo menos 8 vasos de auga para asegurar a combustión dos depósitos de graxa e a eliminación de toxinas.

Empeza o día cun vaso de auga con 2-3 gotiñas de limón para equilibrar o pH e estimular o fígado e a vesícula. A auga ao longo do día pode ser tamén en forma de caldos, infusións dixestivas ou depurativas, a base de alcachofa, cardo mariano, boldo, dente de león, té verde, etc.  Realiza esta dieta depurativa e verás que ben che senta.

É san facer unha dieta a base de zumes ou caldos ou só cun ingrediente como a dieta con xarabe de arce?

As dietas a base de zumes ou caldos ou as monodietas son moi monótonas e perigosas pois debido ao seu carácter moi hipocalórico, reducen a velocidade do metabolismo facendo que se engorde con máis facilidade. Este efecto téñeno todas as dietas milagre, xeran moita frustración pois recupéranse os Kg perdidos ao volver aos hábitos alimentarios orixinais e cada vez costa máis adelgazar e manter o peso ideal.

Os batidos smoothies ou batidos verdes son unha alternativa máis saudable que os zumes xa que manteñen toda a fibra dos vexetais. O seu sabor é delicioso e achegan vitaminas, minerais, encimas vivas e clorofila nun só vaso. Podes utilizar distintas follas verdes como: distintas variedades de leitugas, acelgas, coliflor, col rizada, verza, grelos, endivias, espinacas, follas de remolacha, follas de cenoria, follas do apio, perexil, albahaca, cilantro, etc.

Como almorzo ou tentempé debes engadirlle proteína e graxa favorable (froitos secos ou sementes) para que sexa equilibrado nutricionalmente e che axude a adelgazar e manter o teu peso ideal.

Cales son os alimentos esenciais nunha dieta deste tipo?

Aumenta o consumo de froitas e hortalizas frescas e á prancha, carnes brancas (pito e pavo), cereais integrais e evita os alimentos doces, graxos e procesados así como as carnes vermellas.

Toma o Caldo Depurativo da Dieta Coherente antes da cea durante 15 días. Axudará ao teu fígado e vesícula a eliminar toxinas, á vez que estimula a función renal, e a eliminación de líquidos. Só toma o caldo, as verduras pódelas utilizar para a guarnición do mediodía.

Ingredientes: media leituga,  2 allos porros,  2 cenorias,  1 calabacín pequeno, 1 rama de apio, 2 nabos,  ½ repolo verde, tomiño, loureiro e estragón

Preparación: Leva a ebulición en 2 litros de auga sen sal e mantén a lume lento 40 minutos. Pasado este tempo retira os vexetais e reserva na neveira. Plan Base 7 días

Pérdese peso? Pérdese volume?

A primeira semana da Dieta Coherente notarás que perdes volume e as túas dixestións son máis rápidas e lixeiras. Adóitanse perder 1-2 kg por semana combinando os alimentos deste xeito.

Ademais unha boa alimentación axuda ás defensas e mellora o equilibrio emocional porque estabiliza os niveis hormonais e os neurotransmisores.

Recomendamos facer esta primeira fase da Dieta Coherente (Fase de Indución) durante 15 días e despois entrar na Fase Coher para afianzar uns hábitos saudables de alimentación e exercicio para toda a vida. Na segunda fase comidas e ceas inclúen un prato de proteína con guarnición vexetal e algún hidrato de carbono.

Como debemos prepararnos física e psicoloxicamente para esta dieta?

Ao comezo do ano debes aproveitar a motivación cara aos novos propósitos para enfocarte no obxectivo de coidar o teu corpo, tanto cunha boa dieta como con pautas de exercicio e relaxación. 

Por: Amil López Viéitez
Publicado o 15 de Xaneiro do 2016 | 11:03 a.m.

Outros temas de Nutricoach