publicidade hoxe

Dr. Bellino do LUAR da TVG

1000955_10201927645023130_750244563_n

O doutor máis televisivo da comunidade galega presta consulta todos os venres no coñecido programa Luar da TVG.Trátase do doutor Bellino, que esconde baixo as súas canas a Juan Manuel Crespo Vázquez, un xove carballiñés (por adopción) que receita humor e contaxia de simpatía ao público “máis difícil” na compaña do seu paciente estrela, o señor Lisardo.

Nome: Juan Manuel Crespo Vázquez
Personaxe: Dr. Bellino
Idade: 27 anos
Domicilio: Reside no Carballiño pero natural de Piñor
Estudos: Poucos, a ESO e un ciclomotor eléctrico (un ciclo medio de técnico en equipos eléctricos)
Vocación: Humorista

Juan-Manuel-Crespo-Vazquez-luar

Como comezou a súa labor como humorista?

A miña labor como humorista… eu creo que de humorista se nace, non se comeza. Realmente empezou a través dun casting no Carballiño que levou a outro casting ata chegar a Luar. Fixen antes pequenas actuacións en festas, máis ben favores de amigos, digamos non profesionalmente pero traballo é.

Como foi a primeira vez que actuou fronte ao público?

A primeira vez non subín porque me subiron, moitos nervios e cando a xente se empezou a rir pois funcionou debe ser que teño cara de simpático.

Como se coñeceron vostede e o seu compañeiro Campos (Lisardo)?

Coñecémonos nunhas festas do Arenteiro da Peregrina, veu Campos contar uns chistes e as 6 da mañá no bar, cos catro matados pois alí coñecémonos e comezamos a contar chistes.

Como foi a primeira actuación conxunta?

Actuamos unha vez en nunha discoteca de Carballiño Maxíms actuaba Campos, un veciño e máis eu. Apoio loxístico, os seus pupilos.

Que personaxe lle gustaría interpretar algún día?

Gustaríame facer de malo nunha serie, de falso, de pesetero.

Como se sinte cando o recoñecen pola rúa?

Ante todo moi agradecido e humildemente agradécese porque lle gusta o traballo que fas, sobre todo agradecido. Facer un labor solidario.

Cal foi o momento máis curioso que viviu cun fan?

A veces no meu traballo teño que acudir ao tanatorio e nun velatorio que a xente te recoñeza mentres están sacando o morto pola outra porta. Non é o sitio nin o lugar.

Quen é o humorista ou actor que máis admira?

Como humorista admiro a José Mota porque é moi polifacético, pégalle a todo, tanto canta, como fai imitacións, e de actores a Luis Tosar.

Cal foi o artista que máis ilusión lle fixo coñecer?

A verdade é que coñecemos a moita xente famosa, quizás o que máis me sorprendeu foi Bustamante, que é moi campechano, que ten bo rollo, moi humilde e moi próximo. O que peor Miguel Bosé, inalcalzable.

comilla_bajaA clave do éxito é ser un mesmo

Cal é a clave do seu éxito?

A clave do éxito como dúo é que non somos profesionais, o noso humor é de pobo, que entende todo o mundo e que a todos lle fai graza, nos non somos actores, esa é a clave, ser un mesmo.

dr-bellino-luar-ft2Como se toma a súa familia a súa aparición televisiva?

Anque sea triste dicilo a miña filla ve Bob Esponja na tele, de feito despois ela di que meu pai sae na tele, orgullosa do que fai o seu papá aínda que non me ve.

Que é o mellor e peor de ser famoso?

De malo non lle atopo ningún inconveniente. O mellor, que fas unha cousa que che gusta, que de pequeno os profesores dicían que non valía para nada e mira agora sírveche pa algo o ser simpático. Coñeces moita xente.

Se non se dedicara a este traballo que lle gustaría ser?

Gustaríame haber sido policía.

dr-bellino-luar-ft4

comilla_bajaO público é difícil e soberano

Cando as cousas non saen todo o ben que quixera, como se sinte?

Hai veces que as cousas non saen como contas, un pouco defraudado, porque non sae como debe, Gajes del oficio. O público é difícil e soberano.

É crítico consigo mesmo?

O meu traballo non é perfecto nin moito menos, hai moito que mellorar, de feito ves de cando empezas xa cambiou moito pero falta moito,soltura, xesticular. Mellorar aspectos cara o público aínda que “a veces nin por ser tan bos se chega a mellor”.

Gústalle ver as súas actuacións por televisión?

Non, non me gusta moito verme, vexo cando colgan en Internet unha vez para ver como quedou e ver a reacción do público,para ver se saíu ben ou mal, os fallos e a reacción do público.

Como se ve dentro de 10 anos, gustaríalle seguir co que fai agora?

Oxalá se puidera seguir, algunha serie, humor, traballando de cara ao público.

Para dedicarse ao espectáculo e facer o que che gusta, o principal é a perseveranza

Que consello lle daría aos lectores de noticieirogalego.com que queren dedicarse ao espectáculo?

O consello é perseveranza e intentar facer o que a un lle gusta e tamén, hai que ser sincero, e ter un chisco de sorte e estar no lugar axeitado no momento adecuado. Pero sobre todo perseveranza e se che gusta intentar facelo en todos os lados que poidas para que canta máis xente te vexa mellor que sempre axuda.

dr-bellino-luar-ft3

Escoitar a entrevista
Por: José Manuel Campos Silvares
Publicado o 17 de Outubro do 2013 | 4:47 p.m.