publicidade hoxe

Rueda anima a estimular o coñecemento e a impulsar o talento dos países unidos por lazos históricos ás dúas beiras do Atlántico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerdaProvincias
A-
A+
Apertura do II Cumio académico e do coñecemento EU-LAC

Apertura do II Cumio académico e do coñecemento EU-LAC

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, animou hoxe a potenciar o intercambio de coñecemento e a impulsar o talento entre países de ambos lados do Atlántico a través do diálogo constante entre universidades, autoridades e axentes educativos. Durante a apertura do II Cumio académico e do coñecemento EU-LAC que se celebra en Santiago, Rueda resaltou o papel protagonista que a educación superior ten na sociedade e animou a fortalecer os lazos internacionais entre Europa, América Latina e o Caribe.

O titular do Goberno galego subliñou a importancia de seguir “construíndo a mellor universidade posible” xa que, deste xeito, “constrúese a mellor gobernanza posible e os nosos territorios serán mellores”. Por iso, apostou por impulsar espazos comúns como este encontro e redes de coñecemento sobre educación, a ciencia, a tecnoloxía ou a innovación entre países de ambas beiras do Atlántico.

Rueda apelou aos lazos históricos que unen Galicia con América Latina para fortalecer as relacións entre ambas rexións. “Levamos 500 anos de relacións moi frutíferas. Galicia non se entendería sen esa relación intensa con América Latina e o Caribe”, resaltou.

Nesta liña, o titular do Goberno galego indicou que a Xunta traballa desde hai anos co obxectivo de facilitar ferramentas para impulsar o intercambio de coñecemento e xerar novas oportunidades. Rueda lembrou que a Xunta ten en marcha a Estratexia Galicia Retorna coa que busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior. O obxectivo é enriquecer ao tecido económico galego con profesionais de avalada experiencia e formación e facer fronte ao problema do reto demográfico que está a vivir toda España.

Entre as medidas desta Estratexia atópanse as bolsas BEME que permiten que 250 universitarios galegos que están fóra de España volvan a súa terra de orixe ou a da súa familia para estudar un mestrado nalgunha das tres universidade galegas. Deste xeito, “poden completar a súa formación universitaria cun año de excelencia académica en Galicia”, indicou Rueda.

Por último, o presidente autonómico asegurou que para acadar unhas “boas relacións institucionais” a clave é apostar por medidas como as que hoxe se poñen en valor neste cumio. “Todo o que ten que ver co coñecemento, a cooperación, a fraternidade, con construír fronte a destrución sempre terá o apoio da Xunta”, indicou.

4 de maio de 2023 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.