publicidade hoxe

Portos de Galicia saca a concurso a concesión de dúas naves de almacenaxe de mercadorías en Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaRibadeo
A-
A+

A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso de dúas naves de almacenaxe de mercadorías no porto lucense de Ribadeo. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.

Trátase de dúas naves empregadas situadas no peirao comercial de Mirasol con emprazamentos contiguos. Teñen unha extensión de 780 e 848 metros cadrados respectivamente. 

12 de abril de 2024 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.