publicidade hoxe

A Xunta respaldará con preto de 240.000 € os CIM, servizos de conciliación e accións de Igualdade en once concellos de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresAs PontesCabanasCariñoCedeiraCerdidoFerrolGaliciaLocal PortadaMañónMugardosOrtigueiraPortada dereitaValdoviño
A-
A+

A Xunta de Galicia investirá preto de 240.000 euros nas axudas dirixidas a programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, servizos de conciliación e centros de información á muller en 11 municipios de Ferrolterra. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deron conta hoxe da resolución destas axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Os apoios inclúen financiamento para tres tipos de programas. O de maior contía, 181.506,39 euros, é o destinado a apoiar o mantemento dos catro Centros de Información á Muller (CIM) da comarca. Deste xeito, o Goberno galego contribúe a financiar os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica das instalacións situadas en Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira -este último presta servizo agrupado cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón-.

Ademais a secretaria xeral explicou que o programa de fomento da igualdade entre homes e mulleres e prevención e tratamento da violencia de xénero beneficiará a dous municipios da zona (As Pontes e Cabanas) por un importe de 8.461,63 euros mentras que o de fomento da conciliación, cunha aportación global de 47.436,6 euros, a outros cinco -Cabanas, Cariño, Mugardos, Ortigueira e Valdoviño-.

Martina Aneiros pola súa banda lembrou que, como novidade desta convocatoria, a Xunta concede anticipos destas axudas de ata o 80%, fronte ao 75% fixado na pasada edición.

A Xunta leva investidos nestes programas cos que apoia o labor das entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, fomento da conciliación e a loita contra a violencia de xénero máis de 64 millóns de euros desde 2009 ata o de agora, incluída a convocatoria deste ano.

14 de xullo de 2022 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.