publicidade hoxe

A Policía Autonómica comisa 21 quilos de percebe nun dispositivo en Ribeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaRiveiraSucesos
A-
A+
Un axente cos percebes decomisados

Un axente cos percebes decomisados

Axentes da Policía Autonómica en Santiago de Compostela comisaron 21 quilos de percebe nun dispositivo nas inmediacións do faro de Corrubedo, no concello coruñés de Ribeira. Os axentes detectaron a presenza de dúas persoas extraendo percebe e, unha vez identificadas, comprobouse que unha delas xa era reincidente por máis infraccións en materia de furtivismo.

A Policía Autonómica comprobou que ambos carecían do permiso de explotación para o marisqueo e que o percebe non acadaba o talle mínimo esixido de 1,5 centímetros desde a base á unlla. Por iso, os axentes levantaron dúas actas de infracción. A mercadoría comisada, ao non sobrevivir unha vez extraída, foi entregada a un centro benéfico da localidade.

Estas prácticas supoñen un prexuízo para os profesionais do mar, neste caso para os da

Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, que traballan nesta zona do litoral do municipio coruñés de Ribeira. Ademais o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Nesta liña, a Xunta fai un chamamento á cidadanía e pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

20 de xullo de 2022 | 14:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.