publicidade hoxe

Preto de 4.000 persoas presentaranse o sábado en Silleda ás probas de acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSilleda
A-
A+

Preto de 4.000 persoas presentaranse o vindeiro sábado, 25 de maio, no Recinto Feiral de Silleda ás probas de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar aos traballadores e traballadoras galegas, que non posúan os requisitos académicos da ESO ou do Bacharelato, o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade, e, polo tanto, para incrementar as posibilidades de acceder a un posto de traballo.

Convócase a 13ª edición destas probas coas que se poden acadar os requisitos mínimos que aseguran que os alumnos e alumnas posúen os coñecementos necesarios para realizar a formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional.

Galicia é, desde 2009, pioneira na realización destes exames que se centran nas materias de lingua galega, castelá, inglés e matemáticas. En total, entre os case 4.000 participantes desenvolverán máis de 15.000 probas nestas materias. A que acumula un maior número é matemáticas, seguida de lingua castelá, lingua galega, e inglés.

Toda a información pode consultarse aquí, onde, ademais das listaxes de admitidos e excluídos, tamén se indica a porta do pavillón que corresponde a cada persoa, tanto para as quendas de mañá como de tarde. As persoas admitidas para as probas da mañá de nivel 2 deberán acudir ao pavillón número 2 ás 09,00 horas, mentres que os que se presenten ao nivel 3 deberán achegarse ás 15,30 horas.

22 de maio de 2019 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.