publicidade hoxe

O Festival de Cans presenta o programa da súa 16ª edición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoPortada dereita
A-
A+
Presentación do programa do Festival de Cans

Presentación do programa do Festival de Cans

O Festival de Cans presentou hoxe o programa completo da súa décimo sexta edición, que se desenvolverá do 22 ao 25 de maio na parroquia porriñesa que lle dá nome e que acolle cada ano este encontro dedicado principalmente á competición e difusión do xénero da curtametraxe. No acto, que incluíu o tradicional paseo de chimpíns, os organizadores deron a coñecer todas as novidades do festival na compaña dos representantes das principais entidades e institucións colaboradoras. Entre elas, a Consellería de Cultura e Turismo, que estivo representada polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

Na súa intervención, o responsable da Agadic fixo referencia ás singularidades do Festival de Cans en canto a súa localización e xeitos de exhibición, ademais de destacar a súa “compensada e variada carteleira” en todos os aspectos. Neste sentido, engadiu que nomes propios do audiovisual galego, tanto noveis como veteranos, comparten protagonismo con traxectorias consolidadas do ámbito estatal e mesmo internacional. “Como tamén é moi medida e moi ampla a diversificación de formatos, a conexión con outras artes ou a inclusión de concertos e citas musicais que xa de seu constitúen un reclamo importante”, asegurou.

7 de maio de 2019 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.