publicidade hoxe

Medio Rural cédelle tres predios da parcelaria de Fanoi ao concello de Abadín para equipamentos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a cesión da titularidade de predios ao concello lugués de Abadín para actuacións que van redundar en beneficio dos veciños. Estes terreos proceden da masa común da parcelaria de Fanoi, actualmente en fase de acordo.

En total son tres as leiras que se ceden a petición do propio concello, para o seu uso como por exemplo área recreativa, aparcadoiro e instalacións de actividades culturais e deportivas. A cesión xa está formalizada e a partir de agora o concello terá cinco anos para cumprir cos fins para os que foron adxudicados.

Así, estes predios pasan a ser propiedade do concello despois de que este solicitara a cesión da súa titularidade para diversos equipamentos colectivos, ao amparo do disposto pola lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga). Segundo esta norma, cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os municipios poden solicitar a cesión da titularidade dunha porcentaxe dos terreos da masa común para fins de equipamentos colectivos.

9 de xaneiro de 2019 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.