Inician as obras de reforzo de firme en seis estradas das comarcas de Santiago, Melide e o Barbanza, cun orzamento de preto de 785.000 de euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade as obras de reforzo de firme en seis estradas de titularidade autonómico ao seu paso polas comarcas de Santiago, Melide, e O Barbanza, nas que investirá preto de 785.000 euros.
Estas intervencións do departamento de Infraestruturas de Xunta beneficiarán aos concellos de Santiago, Teo, Boimorto, Boiro, Dodro, Melide, Noia, e Rianxo e dispoñen dun prazo de execución de catro meses.
Os traballos, que se inician hoxe, comezarán pola estrada AC-553, que comunica a autovía AG-11 con Ponte Catoira, no concello de Rianxo. Nesta vía actuarase ao longo de toda a estrada, de 1,44 quilómetros, estando previsto tamén a construción en zonas puntuais de cunetas de seguridade.
As actuacións definen as reparacións do firme que permitan prolongar a vida útil do pavimento, segundo as necesidades observadas en tramos localizados das seis estradas obxecto destas obra. Tratase das estradas AC-250, AC-305, AC-553, AC-550, AC-840, AC-841, e o enlace entre a AG-58 e a AG-59.
Na estrada AC-250, no concello de Santiago, intervirase nos 6,2 quilómetros de vía e incluirá tamén a construción en zonas puntuais de cunetas de seguridade.
Na AC-305, ao seu paso polos concellos de Boiro, Rianxo e Dodro, executaranse os traballos en zonas puntuais entre os puntos quilométricos 6+000 e 25+000. E na AC-550, no Concello de Noia, intervirase entre os puntos quilométricos 69+500 e o 73+000.
Tamén se acometerán traballos en zonas localizadas nas estradas AC-840, concelloss de Melide e Boimorto, entre os puntos quilométricos 36+000 e 49+000. E o mesmo na AC-841, Concellos de Santiago e Teo, entre os Puntos quilométricos 0+000 e 11+710.
No marco de este contrato se inclúe ademais actuacións de reforzo de firme no enlace entre a AG-58 e a AG-59, no Concello de Teo.
Plan de reforzos de firmes
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.
O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá dás tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación extraordinarias.