publicidade hoxe

Augas de Galicia retirará a parte soterrada do actual emisario submarino de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaViveiro
A-
A+

Augas de Galicia retirará a parte non soterrada do actual emisario submarino de Viveiro coa fin de desbloquear a tramitación dos permisos pendentes da Demarcación de Costas do Estado, o que permitirá executar as obras do novo emisario. Así o trasladou esta mañá a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha reunión mantida nas dependencias da entidade autonómica.

Augas de Galicia proxecta executar en Viveiro un novo emisario submarino para a evacuación das augas tratadas pola depuradora municipal, polo que con esta intervención a entidade adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade facilita o acordo con Costas do Estado, que require a retirada do emisario existente, como condición indispensable para permitir a execución do novo.

A execución dun novo emisario en Viveiro é unha das actuacións que conforman un proxecto moito máis ambicioso da Administración hidráulica de Galicia, que ten reservado un investimento de 3 millóns de euros para as obras planificadas.

Entre as actuacións de Augas de Galicia, o proxecto xa redactado inclúe a mellora da rede e conexión á depuradora do núcleo de Celeiro, varias actuacións importantes nas instalación da propia edar e un novo depósito de regulación, que permitirá unha mellor xestión das augas pluviais evitando alivios contaminantes á ría en momento de choivas intensas.

Resolto o escollo con Costas, Augas de Galicia espera estar en condicións de licitar as obras en 2019.

Tamén na reunión de hoxe coa directora de Augas de Galicia, a alcaldesa interesouse polo informe de Augas de Galicia referente ao PXOM municipal. Sobre este tema avanzóuselle a responsable municipal un resumo das incidencias detectadas e que debe subsanarse para poder obter o informe favorable de Augas de Galicia, e que serán requiridas oficialmente nos próximos días.

30 de outubro de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.