publicidade hoxe

O Sergas avanza na mellora do hospital da Barzanza co anuncio da licitación da obra para ampliar as urxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereitaRiveira
A-
A+

O Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Recursos Económicos, publica hoxe, no Perfil do Contratante, o anuncio da licitación para a obra de ampliación da área de urxencias do Hospital da Barbanza. Con esta actuación, o centro sanitario aumentará en máis dun 40% a superficie desta área do hospital.

A obra, que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros, ten un prazo de execución de dez meses. Os interesados teñen un prazo de 26 días para presentar as súas ofertas.

Trátase dunha intervención importante, xa que a área que actualmente se destina ás urxencias, uns 650 metros cadrados no primeiro andar do hospital, ampliarase coa zona da explanada de acceso. As obras de reforma e ampliación desenvolveranse de forma sectorizada co obxecto de reducir o impacto no servizo e manter o seu uso durante a execución.

A superficie total da actuación é duns 1.000 metros cadrados, e pasa pola ocupación dunha parte do espazo exterior de acceso (parte cuberta) que se destinará a uso asistencial do servizo de urxencias, e unha zona exterior (sen cubrir), destinada ao acceso de ambulancias.

Unha vez se execute esta intervención, poderase incrementar a actual dispoñibilidade de camas de observación na área de urxencias do Hospital, tendo en conta a demanda de dito servizo, para facilitar a actividade dos profesionais e en beneficio dos pacientes.

Novo esquema funcional

Se formula un novo esquema funcional por bandas que consta con dous accesos diferenciados, o principal de urxencias e outro exclusivo para padiolas, con circulacións separadas.

A zona máis ambulatoria envórcase cara o acceso principal na fachada este, mentres que a zona de boxes lévase cara a área máis privada na fachada oeste. A sala de observación, con máis de 100 metros cadrados, xunto co control de enfermería, se establece no centro da proposta, de maneira que funcione como centro neurálxico, limitando as circulacións e mantendo un control total de todo o conxunto.

Búscase un volume de liñas puras e regulares que se integre coa xeometría orixinal do hospital, para o que se continúan visualmente liñas principais de composición das fachadas.

Se formula unha composición con tres franxas horizontais, dúas delas opacas, que sirvan de marco ao muro cortina que percorre as dúas fachadas principais. Na fachada sur se establece unha nova marquesina de acceso, que queda totalmente integrada no volumen.

8 de agosto de 2018 | 15:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.