publicidade hoxe

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no casco histórico de Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaViveiro
A-
A+

A Xunta de Galicia entrega hoxe en alugueiro dúas vivendas de promoción pública no Casco Histórico de Viveiro aos seus adxudicatarios, a primeira situada na rúa Melitón Cortiñas e a segunda en Rosalía de Castro.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu ao acto de entrega e sinalou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, xestiona con dilixencia os procesos de adxudicación para que se ocupen as vivendas de promoción pública que ten na provincia á maior brevidade posible.

Balseiro explicou que a recente renovación das listas permitiu reiniciar os chamamentos en Viveiro, que tiña vivendas baleiras pero esgotara a relación de candidatos. Neste sentido, instou ás persoas que estean interesadas en optar a unha vivenda de promoción pública a que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes; poden realizalo presencialmente ou a través da sede electrónica da Xunta e ten unha vixencia de tres anos.

Este rexistro serve de base aos sorteos polos que se elaboran os listados de adxudicatarios nos distintos municipios; os últimos listados foron aprobados ante notario o pasado mes de febreiro.

24 de maio de 2018 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.